COGAMI: Construír, optimismo, garantizar, alternativa, medrar, insertar
Nestas dúas semanas visitamos TRAMEVE, COREGAL, GES e DIXARDÍN. Antes de entrar en contacto coa xente eran iso, siglas. Ao remataren as xornadas, as siglas transformáronse en experiencias. Visitamos un centro de tratamento de vehículos, visitamos unha planta de reciclaxe, visitamos un centro de xestión e visitamos uns xardíns preciosos levados por un persoal máis suxestivo aínda.
Todas elas son empresas que naceron a través de COGAMI ( Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), coa que estamos traballando no noso ProT, como xa vos contamos. No noso primeiro post grupal insistimos en que coñeceríamos de primeira man as tarefas que realizan os nosos protagonistas, e así o estamos facendo. Polo momento, poderiamos resumir a nosa travesía no seguinte:
EMPREGO+PROFESIONALIDADE + COMPROMISO+ OPORTUNIDADE
Transmítennolo os empregados, as persoas con discapacidade que foron relegadas do mundo laboral por seren consideradas non aptas. COGAMI brindoulles unha oportunidade e demostran día a día que traballan de verdade. Nós estivemos alí. Vimos como Víctor manexaba perfectamente un ordenador tendo unha discapacidade de tipo físico por faltárenlle as dúas mans. Vimos como José dirixía perfectamente unha planta de reciclaxe sendo nada máis e nada menos que o seu encargado. Vimos como Alba, cunha discapacidade de tipo visual, traballaba de administrativa.
RECORDADE: se paseástedes polo Pazo da Peregrina de Bertamiráns, se mandástedes o voso coche ao desgüace ou se usástedes papel reciclado, estádesvos beneficiando do seu traballo.
Freire Riveiro, Adriana
Gallego Estremera, Juan María
García Botana, Lucía
González Cid, Aris
T4A
Posted on 8 Marzo, 2013, in Documentos and tagged Freire Riveiro, Gallego Estremera, García Botana, González Cid. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Moita xente pensa que as persoas con discapacidade só poden exercer tarefas sinxelas, case como se se lles otorgasen postos inútiles por mágoa. Sen embargo, todos nós (e cando digo todos, realmente somos TODOS) beneficiámonos do seu traballo. Cada vez que visitamos COGAMI, sorpréndome un pouco máis da calidade das empresas coas que colaboran. Non só son totalmente competitivas no mercado, senón que son moitas veces superiores. E teñen un valor engadido; a maioría delas teñen un compoñente ecolóxico e de respeto medioambiental.
Son paradigmáticos os casos de TRAMEVE ( http://www.trameve.es/ ), e COREGAL (http://www.coregal.es/).