Comunicación: cando se unen o mundo laboral e o familiar
A primeira parte do noso proxecto TS implica a observación da comunicación entre as persoas segundo os distintos ámbitos. Neste post poñeremos un exemplo que une relación familiar e laboral. Se vos animades, podedes darnos a vosa opinión e contarnos algún outro exemplo parecido a este que coñezades.
Sergio levántase todos os días ás 7 da mañá para ir traballar á empresa familiar. Leva con esta rutina xa máis de dezaseis anos.
Na empresa de Sergio son oito traballadores, ademais de el e a súa nai, que son os encargados. Entre eles, a comunicación non é moi fluída porque cada un ten unha maneira moi diferente de facer as cousas, a pesar da confianza familiar que os une. Neste caso particular atopámonos con que a relación familiar non se reforza en absoluto por pasar o tempo laboral xuntos: ao saír do traballo, os temas de conversa seguen a ser os mesmos, e Sergio e a súa nai non pasan a ter unha relación máis estreita nin conseguir unha maior confianza en temas persoais.
Obviamente, non estamos suxerindo que todas as relacións deste tipo teñan a mesma consecuencia. Por isto, podedes compartir aquí as anécdotas que recordedes, para que poidamos comparar diferentes situacións.
S3A
Posted on 8 Marzo, 2013, in Documentos and tagged Quiroga Trasorras, Ramallal Salgado, Villanueva Míguez. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0