DOWN COMPOSTELA: OITO ANOS DEMOSTRANDO QUE PODE

Este mércores estivemos con Yasmin, unha rapaza que pertence á Down Compostela. Como xa comentamos, unha das principais funcións desta fundación é lograr a integración no emprego dos seus alumnos dende o módulo de inclusión socio-laboral. Pero Yasmin xa non necesita acudir a estas clases porque traballa dende hai oito anos. Custoulle un pouco soltarse diante nosa e contarnos como é o seu traballo, pero cando dixemos que marchábamos, o seu xesto foi de pena.

A nosa protagonista desta semana vai mércores e sábado pola tarde a preparar os ingredientes para as pizzas do local de Pizza Móvil na rúa San Pedro de Mezonzo. Antes ía máis días á semana, pero a crise tamén tivo repercusións no seu horario. Vai e ven do traballo no autobús da liña 11, e ás veces queda para tomar algo coas súas amigas á saída do traballo.

20130306_173053

Para Yasmin este emprego supón unha grande satisfacción, xa que se sinte útil e demostra que a súa condición de persoa con síndrome de Down non supón ningunha barreira. Trátase dun traballo que lle gusta realizar, e ademais afirma que o mellor é que lle pagan un soldo. Cos cartos contounos que merca revistas, cd’s para o seu pai… Tamén di estar contenta porque os compañeiros a tratan moi ben.

Seguro que máis dun comeu algunha vez esas pizzas, pero o máis probable é que ningún tiverades idea da importante labor que ten este establecemento na integración das persoas con síndrome de Down. Estamos seguras de que ningún outro empregado de Pizza Móvil fai seu traballo con tanto cariño coma ela, e todos sabemos que a comida preparada con amor sabe mellor.

T1B 

Advertisements

Posted on 8 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Me parece muy interesante el enfoque que le dais a su historia, explicando en que trabaja. Tengo que daros la razón en que el hecho de que pueda trabajar la ayuda a sentirse integrada y útil, y seguro que el resultado de su trabajo es igual de bueno que el de cualquier otro empleado.
    Me parece muy interesante vuestro tema. Mucho ánimo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: