Drogadicción: a rede de apoio
Trala palestra de Carme Avedaño -portavoz de “Nais contra as drogas”-, esta semana afondamos máis na importancia do apoio aos drogodependentes, sobre todo nos círculos máis familiares. Así, visionamos o filme “Heroínas”, que narra unha historia que todos coñecemos: a da vaga de droga dos anos 80 que arrasou en Galicia a toda unha xeración de xente nova.
O fío argumental conta a dura loita que unha nai ten que afrontar para axudar ao seu fillo drogadicto e mostra tamén a importancia das redes de apoio para estes doentes. No filme móstranse algunhas, como as creadas polas nais dos afectados ou daqueles centros de desintoxicacións.
Por outra banda, nós na vida real acudimos a unha reunión con persoas que fan posible que esta rede funcione e lles impida aos drogodependentes seguir caendo nesa espiral nociva das drogas. Achégamonos á UMAD (Unidade Municipal de Atención á Drogodependencia) para visitar a Purificación, a responsable dos asuntos legais, e a Pilar Sabio, traballadora social. Tras conversar co persoal do lugar, concertamos unha reunión para unha posterior entrevista. Deste xeito, gardaríamos os seus testimoniso para o proxecto.
Barallamos a posibilidade de achegarnos á sede de Proxecto Home en Santiago de Compostela, mais é unha cuestión que fica aínda no aire. Aparte disto, preparamos xa unha remesa de arquivos audiovisuais e documentais que utilizar para enriquecer máis o noso proxecto.
S3B
Posted on 8 Marzo, 2013, in Documentos and tagged Pérez Bernárdez, Piñeiro González, Ramos Cuba, Rodríguez Pazos. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0