Formando na tradición

Os desafíos do noso tempo son numerosos, e esixen un número de coñecementos cada vez superiores. As novas tecnoloxías traen consigo un aluvión de información que temos que filtrar, seleccionar e comprender. O mundo nunca estivera tan conectado, e, precisamente por iso, nunca fora tan sinxelo esquecer as propias orixes para pasar a sumarnos a esta onda de uniformidade, onde modas, trending topics e a repugnante radiofórmula alimentan as masas.

Afortunadamente, as novas tecnoloxías tamén se poden aproveitar na dirección contraria, e gracias a elas pode ter lugar a difusión de iniciativas que intenten recuperar a memoria dos pobos e formar á xente nas súas tradicións para que estas non queden esquecidas. A Central Folque, mediante a Escola Livre da MPG (Música Popular Galega), contribúe a poñer unha importante pedra neste dificultoso pero fructífero camiño.

Image

Segundo a propia organización, a «Escola Livre da MPG é o centro de estudos regulares que aCentral Folque ten en Santiago de Compostela, cunha orferta variada e especializada en diferentes eidos do patrimonio musical galego, fundamentalmente instrumentais: gaita, percusión, sanfona, requinta, violino, acordeón diatónico e canto». A escola ofrece, a través desta ampla oferta, unha oportunidade de formarse con algúns dos músicos de máis renome en Galicia, nun programa que, ademais da formación musical, inclúe unha contextualización necesaria na historia da música e a cultura galega.

Coidar do noso patrimonio, da nosa fermosa herencia histórica, é necesario e convírtese nun acto de responsabilidade nos tempos que corren. Cómpre non esquecermos quen somos, de onde vimos, e cara onde queremos ir.

Image

T4B

Posted on 8 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Ademáis de preocuparse polo folklore tradicional galego, aCentral, polo que teño entendido, tamén fomenta outras culturas. Como o curso de música e gastronomía bretoa que ofertou fai pouco.
    http://www.folque.com/actualidade/nova.php?id=1160&lg=gal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: