Interxeracional: Fontiñas, o lugar axeitado

 

Segue transmitíndose a cultura rural entre os novos habitantes da cidade?

No caso de Brais, dalgún xeito, SI.

Nos últimos días establecemos as primeiras tomas de contacto cos que serán os suxeitos “do noso experimento”.

Brais é un rapaz de 20 anos que vive en Fontiñas, mais “as súas raíces” veñen de Boimorto.

– De onde es? – De Boimorto. – E vés dende alí a estudar? – Vivo en Santiago. – Pero entón non eres de Boimorto… – Si que son!

Considerariamolo un ser ‘híbrido’ entre o rural e o urbano?

De que maneira se produce a herdanza cultural dos cidadáns procedentes da vila?

As festas de orquestra pódenlles gustar ata ao máis cosmopolita, claro que si, pero ese afán pola festa anual da vila…

Brais fala das festas de Boimorto como “as súas festas”, sen lembrarse do Apóstol, e moito menos da Ascensión.

Digamos que esa transmisión interxeracional se delegou sen cortes.

Por agora non sabemos que outros detalles do rural se lle quedaron na vida a Brais, mais xa temos certos datos de interese… Só faltan as entrevistas familiares propiamente ditas para ir descubrindo o parapeto.

Atopar a persoas de Fontiñas coas características fixadas na primeira exposición do traballo foi moito máis fácil ca do que pensabamos. Iso indica que a escolla do lugar foi axeitada e que todas as familias van ter algún tipo de ligue coa aldea por ínfimo que sexa. Só queda analizar as diferenzas, digamos, “entre os que se ilusionan cas festas da vila e ós que lles resultan indiferentes”.

Posted on 8 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: