Daily Archives: 11 Marzo, 2013
Invidentes: “A invidencia non é unha discapacidade…”
Nos primeiros pasos polo camiño que nos leva á vida do invidente na Universidade, quixemos percorrer o casco vello ata chegar á porta de Javier Agrafojo, Coordinador do SEPIU e responsable da área de integración universitaria, para que rachase, de certa maneira, coas dúbidas que comezamos a andaina do noso traballo.
Imaxinemos que un alumno invidente vai facer a matrícula na USC, dentro do documento ten algún apartado que se refira a súa discapacidade?
Non en concreto, pero sí á discapacidade en xeral. Unha vez feita, se é una persoa cun nivel de autonomía alto, e o decide, non precisará de máis apoio. Se o precisa, no apartado de estudantes da USC accede ó noso servizo e inícianse os trámites das posibles adaptacións.
Por tanto, todo dependerá da súa autonomía e capacidade de decisión
É unha persoa maior de idade que ten que ter unha autonomía, entón nos debeemos ofrecelle as cousas de maneira que sexa capaz de pedir o que necesita e non tutélalo demáis.
Como son as facilidades que se prestan no SEPIU?
A invidencia non é unha discapacidade que esté resultando moi incapacitante para o que é a vida diaria na Universidade. Un alumno chamounos para ver se lle conseguíamos un balón con cascabeis para xogar ó fútbol ,noutro caso, unha estudante solicitaba que puxéramos unhas pegatinas reservándolle os espazos dianteiros da clase
Conséguese todo o que solicitan?
Inténtase conseguir na medida en que entendemos que é responsabilidade nosa e que van ser materiais ou solucións que quedarán de xeito permanente na universidade. A nivel particular non se lle merca a ninguén un ordenador nin se lle compra un programa de lectura de software.
O Sol xa se ocultaba tralos vellos edificos do casco antigo de Santiago cando nos despedimos de Javier, e aínda que a charla deu para máis dúbidas e respostas, saímoscunha imaxe nítida para seguir paseniños cara a meta do noso tema.
S3G