Invidentes: “A invidencia non é unha discapacidade…”

Nos primeiros pasos polo camiño que nos leva á vida do invidente na Universidade, quixemos percorrer o casco vello ata chegar á porta de Javier Agrafojo, Coordinador do SEPIU e responsable da área de integración universitaria, para que rachase, de certa maneira, coas dúbidas  que comezamos a andaina do noso traballo.

Imaxinemos que un alumno invidente vai facer a matrícula na USC, dentro do documento ten algún apartado que se refira a súa discapacidade?

Non en concreto, pero sí á discapacidade en xeral. Unha vez feita, se é una persoa cun nivel de autonomía alto, e o decide, non precisará de máis apoio. Se o precisa, no apartado de estudantes da USC accede ó noso servizo e inícianse os trámites das posibles adaptacións.

Por tanto, todo dependerá da súa autonomía e capacidade de decisión

É unha persoa maior de idade que ten que ter unha autonomía, entón nos debeemos ofrecelle as cousas de maneira que sexa capaz de pedir o que necesita e non tutélalo demáis.

Como son as facilidades que se prestan no SEPIU?

A invidencia non é unha discapacidade que esté resultando moi incapacitante para o que é a vida diaria na Universidade. Un alumno chamounos para ver se lle conseguíamos un balón con cascabeis para xogar ó fútbol ,noutro caso, unha estudante solicitaba que puxéramos unhas pegatinas reservándolle os espazos dianteiros da clase

Conséguese todo o que solicitan?

Inténtase conseguir na medida en que entendemos que é responsabilidade nosa e que van ser materiais ou solucións que quedarán de xeito permanente na universidade. A nivel particular non se lle merca a ninguén un ordenador nin se lle compra un programa de lectura de software.

O Sol xa se ocultaba tralos vellos edificos do casco antigo de Santiago cando nos despedimos de Javier, e aínda que a charla deu para máis dúbidas e respostas, saímoscunha imaxe nítida para seguir paseniños cara a meta do noso tema.

S3G

Posted on 11 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. seminariocomunicacion3

    O venres fixemos a entrada ca contraseña do titorizado, por iso hoxe volvemos a publicar correctamente, perdón.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: