Claqueta e… ¡ACCIÓN!

Unha semana máis, o noso grupo de ProT queremos compartir convosco a nosa experiencia na gravación do documental para a entidade IGAXES3. Este venres 15 de marzo, o destino elixido para continuar a nosa tarefa de filmación foi A Coruña. Porén, como bos madrugadores que somos, quedamos a primeira hora da mañá para realizar uns cantos planos recurso en Santiago de Compostela.

Lugares emblemáticos da capital galega como a Praza do Obradoiro ou a Alameda foron os seleccionados para tal misión. Unha vez realizado isto, puxemos rumbo á Coruña para continuar un longo día de rodaxe. Ás doce en punto da mañá chegamos ao Polígono de Pocomaco, onde se atopa o Centro Mans, e onde nos esperaba a nosa primeira protagonista da curtametraxe, Jessica.

Jessica é unha rapaza de dezanove anos -cumpridos este mesmo venres- que vive nunha das vivendas tuteladas que xestiona IGAXES3. Polas mañás, realiza prácticas como limpadora no mencionado centro, polo que a acompañamos durante algunhas das súas tarefas, para mostrar o seu traballo no noso documental.

6704_10200677521290429_403976066_nXa pola tarde, dirixímonos á vivenda tutelada onde nos atopamos de novo con Jessi e con algunhas das súas compañeiras de piso, xunto coas dúas educadoras do mesmo.

Alí, de xeito máis relaxado coñecemos a unha Jessi moito máis faladora, que nos ensinou a súa habitación e coa que gravamos outras tomas do seu día a día.

Logo coñecemos tamén á referente de Jessi, Irene, periodista, actualmente traballando nunha axencia de prensa. Con elas dúas saímos a rúa para filmar un encontro ao longo do paseo marítimo e, máis tarde, dirixímonos á casa de Irene para realizarlle unha pequena entrevista.

Xa para finalizar, regresamos á vivenda tutelada onde entrevistamos a unha das educadoras que nos contou a súa labor na casa. Con isto terminamos unha longa xornada de rodaxe, arredor das nove chegamos de volta a Santiago, cansados pero cunha gran experiencia ás costas. A próxima semana máis e mellor.

ProT6C

Posted on 15 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Alejandro A. Roura Blanco

    Chicos, me ha gustado mucho este post por varias razones. Soy un coruñés afincado en Santiago de Compostela que nació el 15 de marzo. Bien, esto es una tontería, pero quiero decir que me ha gustado porque es uno de los posts más realistas que me he encontrado en este blog. Decís que estáis cansados pero que regresáis con una gran experiencia. Habláis de un itinerario reconocible para muchos y desconocido para otros. Además, tampoco falta contenido sobre vuestro ProT, y la foto de Mario nos enseña el backstage del trabajo. Claro, tangible, práctico y no vacío. Espero que podamos disfrutar de ese vídeo.
    Un saludo, chicos.

  2. Alejandro Roura

    Chicos, me ha gustado mucho este post por varias razones. Soy un coruñés afincado en Santiago de Compostela que nació el 15 de marzo. Bien, esto es una tontería, pero quiero decir que me ha gustado porque es uno de los posts más realistas que me he encontrado en este blog. Decís que estáis cansados pero que regresáis con una gran experiencia. Habláis de un itinerario reconocible para muchos y desconocido para otros. Además, tampoco falta contenido sobre vuestro ProT, y la foto de Mario nos enseña el backstage del trabajo. Claro, tangible, práctico y no vacío. Espero que podamos disfrutar de ese vídeo.

    Un saludo, chicos.

  3. Precisamente hoxe vin na galega unha pequena reportaxe sobre vivendas tuteladas nas que habitan menores provintes de familias de moi diverso tipo que por cousas da vida non os poden atender como é debido. Pareceume un tema moi interesante, sobre todo porque os rapaces que alí vivían queixábanse polos prexuízos existentes cara eles na escola, instituto e, sobre todo, á hora de atopar traballo cando cumpren a maioría de idade. É dicir, un rapaz que ten que vivir nunha casa allea e lonxe da súa familia, durante a súa infancia e/ou adolescencia, prácticamente só (pese aos apoios que reciba, o rapaz tense que sentir moi só) inda porriba atópase con dificultades engadidas á hora de atopar un traballo, sen ter feito el nada malo?… En fin, marchei polas ramas, coma de costume. O que quería dicir é que o documental, polo menos segundo os vosos post, pinta xenial. Con tantas ganas e entusiasmo é imposible que saia mala cousa. A miña atención xa a gañáchedes, realmente me interesará a parte da vivenda tutelada polo que xa vos comentei (e o resto seguro que tamén). Moito ánimo para o que vos queda!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: