O Cineclube na oscuridade: de propiedade intelectual e xuízos vai a cousa

Así é o asunto no Cineclube: mércores, 21.30 horas. Rúa Santa Clara, número 21; soto do Centro Social O Pichel. Unha sala fría, cun Castelao que se recorta na parede. Moito silenzo e escuridade; xente, máis ben pouca.

Pois si, no Cineclube as cousas están algo negras. Vaiamos seis anos atrás: o 10 de maio do ano 2007 o Cineclube de Compostela foi levado a xuízo por Cámara Oscura (e tan oscura) Películas. A proxección do filme Terra Negra (velaquí o tedes de novo), copia expresamente facilitada polo seu director, Ricardo Íscar, leva á devandita produtora a interpoñer unha demanda por dereito de exhibición. Máis detalles aquí.

Feitos coma este levaron á organización do Cineclube a mostrarse reticentes connosco ante a proposta de poñer en marcha a páxina de Facebook. Despois dun breve debate, vía libre mais con lista negra, moi negra, adxunta.

Esta é a situación do Cineclube e o principal obstáculo na realización do noso ProT:  andar ás agochadas, sempre metidos nunha (semi)escuridade.

No asunto da propiedade intelectual, o Cineclube ten as cousas claras:

“Mais, por riba de todo, desde o Cineclube queremos expresar a nosa defensa firme do acceso libre e gratuíto á cultura. Resúltanos inaceptábel ver como se traba o acceso á cultura en virtude duns supostos ‘dereitos’ desde o mesmo sistema que permite e alenta que as empresas coarten, pervertan, manipulen e destrúan a liberdade creativa. A aposta do Cineclube é e vai ser a da liberdade total para acceder, difundir e mesmo utilizar a obra cultural, sempre que se realice fóra das lóxicas mercantís impostas polo sistema capitalista. A verdadeira censura radica en que a cultura se entenda en termos de consumo. A propiedade intelectual tamén é un roubo.”

O Cineclube perdeu o xuízo.

Rematamos a entrada cunha cita ao cineasta catalán Joaquín Jordá, extraída da revista Tempos Novos:

“Non toleraría –de feito fíxeno moi contadas veces- que un produtor sobase un traballo meu. Mais que o espectador tire un vídeo pirata ou mesmo o reedite, mellor ou peor, nunca me dará ofendido. Debera ser todo o contrario: pagarlle a alguén para que vexa os teus filmes e logo invitalo a unha copa.”

T6A

Posted on 15 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Paco Primeiro de Lalín

    pero vós que queredes? sacar unha cadeira ou afundir unha asociación? se seguides así, non teredes traballo na vida, por outra parte, non me extraña, tendo o titor que tedes

    • Estimado Paco Primeiro de Lalín,
      non rematamos de captar a intención do teu comentario. Afundir unha asociación? nada máis lonxe da nosa vontade. É posíbel que o noso texto dé lugar a erro, pero nós posicionámonos a favor do Cineclube e nos gustaría achegarlles todo o noso apoio. Se, efectivamente, malinterpretaches a nosa entrada, sentimos non ternos explicado máis claramente, erro noso. Se estaste a referir a outra cousa, por favor, explícanolo con máis detalle para poder explicarnos ou retificar.
      Gracias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: