Veciños pola causa
O noso grupo de seminario está a estudar a organización e a comunicación entre os afectados polas preferentes. O que puidemos coñecer durante este tempo é que as plataformas de afectados polas preferentes en Galicia xurden dende abaixo, pola acción dos veciños afectados. Falan entre eles, decátanse da existencia destas plataformas a través dos medios e se unen a elas. Logo recoméndanlle a conocidos (tamén afectados) que se sumen aos actos que organizan. Nelas celébranse xuntanzas nas que, ou ben entre eles toman as
decisións sobre as vindeiras movilizacións ou ben falan con responsables de asociacións como AGAPROFI, que se encargan de informar de cómo vai a situación.
A súa toma de decisións é asamblearia, acordando horarios e actividades segundo os intereses dos integrantes. Por este motivo pode chegar a semellar unha falta de coordinación entre elas. Pero é que a súa esencia é a horizontalidade e o recoñecemento dos problemas dos afectados como propios. Mesmo os que actúan de enlace entre a plataforma e a prensa son persoas que están a vivir o problema moi de preto. O portavoz da plataforma Compostela, Xesús Domínguez, ten unha clínica dental, pero non dubida en sumarse ás protestas ao ver que os aforros do seu pai quedan atrapados nas preferentes. Isto non impide que haxa casos de colaboración por parte de persoas non implicadas no problema. O secretario xeral de AGAPROFI, Xosé Antón Pérez Lema, malia ter o seu propio despacho, non dubida en ofrecer asesoramento gratuito ás plataformas.
Quizais estes movementos non poidan permitirse o luxo de reunirse nun lugar para manifestarse de forma conxunta. Xamais chearán a Plaza do Obradoiro ou de María Pita para reclamar unha solución. Pero sí que poden reivindicar a devolución dos seus cartos ás portas das sucursais que lle venderon o produto financiero. De feito fano, semá tras semá e logrando que os medios tradicionais os inclúan nas súas páxinas.
Posted on 15 Marzo, 2013, in Documentos and tagged Anido Sueiro, Boo Lamas, Dominguez Osorio, García Casco. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Toda Galicia sabe que moitos dos seus aforradores perderon os seus cartos por culpa das chamadas preferentes e toda España coñece que os galegos están dispostos a recuperar os seus cartos como sexa. Que isto sexa unha afirmación tan rotunda é grazas á incesante labor das plataformas “Afectados polas preferentes”. Movilizáronse saíndo a rúa, actuaron interrumpindo plenos municipais e falaron diante das sucursais bancarias durante horas e horas. Non sei se podería eloxiar a súa organización, máis a súa persistencia abofé que sí. Despois de que as sucursais, o goberno e as autoridades locais lles desen ás costas seguen loitando por aquilo que lles pertence. Despois de meses de loita, non se renden porque a única arma da que se valen é a reivindicación.
Nestos temas nos que os principais afectados acaban sendo veciños e persoas comúns que poderíamos atopar en calquera lugar da rúa ou mesmo un familiar noso está claro que, se ninguén os axuda e non consiguen atopar unha solución que lles garantice a recuperación dos seus aforros, eles mesmos son capaces de autoorganizarse.
Non importa que tan só sexan pequenas organizacións ou incluso reunións entre amigos. Nós pensamos que o máis importante é decatarse do gran problema que teñen encima pero, sobre todo, mobilizarse e non deixar que todo quede esquecido sen ningunha solución que poda arranxar parte do gran dano que lles causaron mediante enganos.
S1A