Daily Archives: 16 Marzo, 2013

Subsaharianos: Las cartas de Alou

Alou chega ao noso país coa idea clara de atopar traballo, movido polas ilusións que fixeron nacer nel as cartas e promesas do seu amigoMulai. Tras dunha accidentada viaxe en patera polo Estreito de Xibraltar, na que coñece casualmente a un animoso musulmán, recorre a península de sur a norte con ánimo de prosperar. Para sobrevivir nun país estranxeiro desconfiado ante a chegada de inmigrantesdebe apoiarse en todo momento noutros coma el que xa pasaron as primeiras dificultades e coñecen o comportamento occidental. Alou intégrase así nun círculo social á marxe da comunidade, xa que tan só contadas persoas o aceptan como é, obviando os estereotipos que imperan na sociedade española. Así comezan para el unha serie de aventuras para atopar traballo: dende recoller froita ata vender bixutería ou coser nun taller ilegal.

Polo seu inconformista pensamento ante o trato inxusto dos brancos cara aos negros, Alou debe sortear distintos obstáculos (pelexas co patrón, intentos de roubo, discusións con funcionarios pola tramitación dos papeis…), ata aprender a tratar aos brancos. A pesar de todo, tamén coñece a cara boa de España, atopa o amor e, cando é deportado, no se rende e fai a promesa de volver.

Cando plantexamos as nosas actividades a realizar para o TS interesámonos polas películas que trataban o tema da inmigración. Sobre todo queríamos traballar coas que falaran dos inmigrantes que veñen de países como Senegal ou Camerún, para poder facer unha comparativa entre a imaxe que ofrece o cine e os casos persoais dos subsaharianos cos que estamos a tratar. Foi Marcelo quen nos falou de “Las cartas de Alou”, e el mesmo nos propuxo que foran os subsaharianos os que deran a súa opinión sobre a película.

Así foi que fantaseamos con proxectar o filme para eles. Dicimos que fantaseamos porque parece que vai quedar aí. Hai quen chegou a chamarnos tolos por pretender que unhas persoas que están pensando en sobrevivir foran perder o seu tempo con nós. A marabillosa idea esvaécese.

S1B

O cinema de correspondencia chegou!

Dende o TS1 complácenos anunciar que xa contamos con material audiovisual do coñecido coma cinema de correspondencia (tema que introduciu xa a compañeira Uxía e que podedes ver aquí). Nese post algúns de vos comentastes que sería interesante poder ver algún fragmento dunha desas películas, e logo de que a nosa compañeira Paula e o profesor Marcelo negociasen co CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), contamos con 2 curtas e unha longametraxe para poder difundir entre vós (xa veremos de que xeito: ben proxección na clase, ben difusión no blog):

filme

  • Galicia y Buenos Aires ( José Gil, 1931 ):

Produción de Galicia Cinegráfica (Vigo) para a Sociedade Fillos de Fornelos e Anexos (Bos Aires)

Sinopse: As faenas do campo, da agricultura e gandeiría, lévanos á dinámica feira de Ponteareas. Rostros ilusionados no acto da inauguración do local sindical ó que os nenos das escolas, con foguetes, bandeiras tricolores, namentres a orquestra de Ponteareas interpreta o himno de Riego e a Marsellesa. Agustín Rivas, avogado vigués e presidente de Juventud Republicana, Herberto Blanco, secretario do Ateneo de Vigo, e o gran líder agrarista Amando Garra, arengan ós labregos a prol da nacente República. Logo, en contraposición, a Misa e a visita ó cemiterio. Pola tarde, unha gran romaría popular…

  • Documentais da emigración e do exilio na Arxentina (Eligio González, 1942-1972)- Longametraxe (148 min)

Sinopse: Imaxes de Castelao en Buenos Aires (1972/ 35mm/ 13min./ b/n) Primer Congreso de la Emigración Gallega (1956/ 35mm/ 12min./ b/n) Centro Gallego en su 50 aniversario (1957/ 35mm/ 37min./ b/n) Un día en la vida del Centro Gallego (1960/ 35mm/ 36min./ b/n) Desfile 150 aniversario del nacimiento de Argentina (1960/ 35mm/ 15min./ b/n) Centro Orensano (1942-1948/ 35mm/ 21min./ b/n) 1º aniversario del Centro Orensano (1943/ 35mm/ 4min./ b/n)

  • Porriño en Buenos Aires ( Cinematográfica Valle, 1929 ) Curtametraxe:                38 min.

Produción: Sociedad Hijos de Porriño

Sinopse: Documental antigo, o máis parecido a unha viaxe no tempo. Imaxes da propia historia dos emigrantes porriñeses en Buenos Aires. Son eles e os seus descendentes, nesta e naquela banda do mar, os que máis disfrutarán e apreciarán estas imaxes do seu pasado.

Como último apuntamento, dende o TS1 pareceunos interesante falarvos un pouco máis do CEGAI, que nos resultaba descoñecido ata que o profesor Marcelo nos falou del:

O CEGAI pertence a Sociedade Mundial de Filmotecas, o cal lle permite o intercambio de material. Conta cun servizo de préstamos de películas por toda Galicia, ademáis de publicacións sobre o cine galego, como un dicionario de voces e unha colección de fotografía. Na actualidade posúe arredor de 3.000 copias en soporte cinematográfico, 4.000 en videográfico e 10.000 carteis, xunto a extensos fondos de libros, películas e outros recursos fotográficos e fílmicos do escritor Julio Cortázar. A todos aqueles que vos interese o cinema galego ou teñades curiosidade polo audiovisual de todo tipo, dende o comercial ata o etnográfico, recoméndovos botarlle unha ollada á súa páxina web, e se vos pilla cerca, achegarvos ata a rúa Durán Loriga 10 da Coruña, e coñecer esa labor que realizan con tanto valor para o patrimonio audiovisual.

S1A