A pé de rúa

Esta foi unha semana intensa para o noso grupo. Falando fai unhas semanas co director de SermosGaliza, Xosé Mexuto, suxerímoslle como práctica no xornal facer unha serie de entrevistas ás persoas afectadas polas preferentes e subordinadas de Santiago. Cada día publícanse nos medios de comunicación as últimas novas sobre este fraude, as mobilizacións que levan a cabo os afectados para divulgar o seu problema, que os escoiten e que lles ofrezan unha solución. E, dende o primeiro momento, o xornal co que colaboramos seguiu con especial interese toda a evolución deste asunto.

Elaborando estas entrevistas, queremos aportar a cara más persoal de todo este fraude, a das persoas afectadas. Persoas que teñen nome e apelidos e unha voz que esta desexando facerse ouvir. Sen perder máis tempo, a comezos de semana acudimos a sucursal bancaria de Novagalicia Banco, situada na Praza de Galicia da cidade compostelá, pois nese lugar reúnense varios días a semana un grupo de persoas afectadas polas preferentes. Alí fomos, gravadora en man, dispostos a falar coa xente, a escoitarlles e a que nos contaran a súa historia.

Pero para a nosa sorpresa, máis dispostos que nós estaban eles por falarnos do seu caso, por que se coñecera o motivo polo que eles cada día manifestábanse as portas do banco. Estas persoas, a maioría de elevada idade e xubilados, depositaran sen sabelo os seus cartos, os seus aforros de toda a vida, en preferentes. Firmaran os papeis sen saber moi ben o que firmaban, guiados polo traballar da sucursal no que tiñan confianza. Non é unha conto novo, non? Pero detrás de cada historia hai unha desesperación e unha impotencia grandísima. Carme, Carlos, Manuel, Ana… saben que os seus cartos non os darán recuperado por completo, e se algún día o conseguen, ese diñeiro non lles poderá curar todo o sufrimento polo que están pasando a día de hoxe.

 

Posted on 22 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Costoya Rodríguez, Adriana

    A problemática das preferentes parece non ter solución. Os afectados están dispostos a pelexar até conseguir a totalidade dos seus aforros. A Comisión Europea xa afirmou que ao tratarse dunha entidade bancaria intervida polo FROB non se devolverán as cantidades totais. E os directores das sucursais conviven coas bocinas e cos berros dos manifestantes mentres lles achegan as decisión tomadas nos consellos de Administración aos clientes.
    Personalmente, creo que a cidadanía xa está ao tanto do que acontece coas preferentes, é dicir, xa saben o que son, como se venderon e porque se trata dun produto tóxico. Agora chegou o momento de contarlle á sociedade as impresión e opinións que existen ao respecto. Xa non hai que informar, hai que interpretar; e eso tamén é labor dos xornalistas. Darlle voz aos afectados, aos directores bancarios e aos traballadores das sucursais creo que enriquecería moito a cobertura deste asunto, afortunadamente ou desgraciadamente, tan mediático.

  2. Lembrade poñer a firma (o localizador do voso proT) ao final do artigo. E revisade tamén a forma de titulación no libro do estilo (nome da asociación: titular).
    Gracias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: