aCentralFolque: Miniaturas de Eugenio Granell. Música Revelada.

Unha casualidade. Así é como describen o comezo de toda unha investigación que deu a coñecer a eclipsada faceta musical de Granell. “Había un violín e varias anotacións musicais que non chegaban a ser composicións”. Suficiente para motivar a todo un equipo que remataría coa publicación de dous libros e un CD a partir de varios apuntes nun caderno esquecido e inédito.

Todo apunta a que a vertente pictórica e a musical se vinculan no mesmo xeito de proceder a pesar de ser modalidades artísticas diferentes. O automatismo psíquico xoga un papel principal na creación das súas pezas. A ausencia de control sobre a razón fai posible a obtención dunha imaxen inconsciente e imprevisible ao comezar a tarefa: non hai vontade por realizar unha peza preconcebida, senón que o artista non se da de conta do que está a facer até que remata a obra.

Alejandro Vargas levou a cabo o labor de reinterpretar e completar estas pequenas pezas convertíndoas en miniaturas musicais que, co tempo, fixeron posible a súa presentación ao cargo dunha banda formada por batería, contrabaixo, piano e voz, con colaboración de gaita, zanfona e viola.

En boca de Ramón Piñeiro – director do triple proxecto que consta da publicación da investigación do traballo musical, as máis de 200 anotaciós musicais e o disco-, Granell non pretendía copiar ou emular a música popular, senón que xurdiu da súa necesidade de inventar o popular.

O vindeiro 18 de abril a banda volverá a recrear a liberdade creativa de Granell xunto coas derivacións de Vargas no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.

T4B

Posted on 22 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: