AS MULLERES: VIVIR CON MEDO

Seguimos afondando no duro mundo da violencia de xénero. Estas últimas semanas contactamos con Belén Puñal, unha xornalista especializada neste tema e Carmen Esperante, a presidenta da Asociación Liberanza que nos contou de primeira man os problemas aos que se tivo que enfrentar e que teñen que afrontar aínda moitas mulleres hoxe en día.

Ambas as dúas coincidiron nas trabas xudiciais que existen á hora de poñer denuncias, a falta de recursos económicos como axudas por parte da Administración – sobre todo nestos tempos – e a pasividade da sociedade. Cóntannos tamén que os medios de comunicación caen no amarillismo á hora de tratar estos temas sobrepasando o que sería unha información básica. “Non é necesario poñer a foto da muller asasinada”, apunta Carmen, que critica tamén as diferencias de tratamento do agresor e a víctima. “¿Por qué aparece o nome da muller completo e soamente as iniciais no caso do home? Ata que non hai un xuízo trátase de suposto culpable pero iso non quita que poida aparecer o nome”. Reivindican un cambio de actitude dos medios con respecto ás víctimas e unha modificación do tratamento informativo, aínda que destacan o gran “boom” que reformou o enfoque informativo da violencia de xénero no ano 1997 co caso de Ana Orantes. Para quen non o sepa, Ana era unha muller granadina que despois de dar o paso de contar en televisión que levaba corenta anos sendo maltratada, foi asasinada e queimada a mans da súa parella. A difusión do suceso foi tan grande que todos os medios fixeron eco do suceso e a opinión pública comezou a espertar para asumir que se trataba dun gran problema, e non soamente dun caso único.

Actualmente, a sociedade aínda non está o bastante concienciada deste gran problema. O culme de todo, tal e como nos relataba Carme, é pensar na existenza de casos de maltrato en xente nova (e por desgraza, non hai poucos). A pesares das campañas iniciadas  para detectar posibles maltratos as rapazas non son conscientes de que están sendo maltratadas psicolóxicamente en casos de mozos que as aislan ou que lles prohiben levar unha falda.  É difícil de describir o problema, por iso hoxe deixámosvos co trailer dunha gran película que define moi ben a dura realidade da muller maltratada, Te Doy Mis Ojos (gañadora de 7 premios Goya no ano 2004).

S3E

Prado Álvarez, Mario

Quintás Rocha, Eva

Salgado Rey, Cristina

Varela Betolaza, Paula

Posted on 22 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: