Drogadicción: todos dentro
O outro día, por fin puidemos entrevistar a Purificación García e Pilar Sabio, educadoras na UMAD (Unidade Municipal de Asistencia á Drogodependencia). Tras a longa conversa mantida, e a pesares de saír con moi boas vibracións e colmados de informacións e novos materiais, fixámonos nun punto negativo.
Realmente, obsérvase unha franca carencia -cada vez máis fonda por mor dos recortes- no tratamento das persoas que acuden á UMAD. A tendencia é a centrarse no “problema” en cuestión (a adicción, os problemas legais,…) deixando de lado outros avatares complementarios ao mesmo -que poden ser incluso causas ou consecuencias do mesmo-.
Con todo, o que máis nos sorprendeu foi a versatilidade coa que se desenvolven no seu traballo. Pilar e Puri levan traballando dende hai décadas no centro, e coñecen todos os segmentos de poboación que alí acuden. Dende os supervivintes á vaga de drogadiccións dos anos oitenta, ata os mozos do botellón, pasando por un amplo abano de persoas.
Un bo exemplo disto son as actividades realizadas en conxunto co Secretariado Xitano, abarcando ese segmento de poboación cigana co que tanto lles custaba contactar. Froito desta experiencia -difícil e fermosa, así a definen-, naceron varios documentos audiovisuais cos que contamos. Actuacións, curtametraxes e demais que esperamos poder usar para as reseñas programadas.
Polo demais, imos pornos xa en contacto con Carme Avedaño para unha entrevista, completando así o ciclo das tres entrevistas propostas.
Posted on 22 Marzo, 2013, in Documentos and tagged Pérez Bernárdez, Piñeiro González, Ramos Cuba, Rodríguez Pazos. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0