ERASMUS: Focus Group, seguro que non sabedes que é

Seguramente moitos de vós descoñecedes totalmente o que é un Focus Group  ou un grupo de discusión, se o traemos ao galego. Ao S3F pasáballe o mesmo até que, o outro día, mentres elaborabamos unha serie de cuestionarios para difundir entre todos vós (e tamén entre os compañeiros que chegan á nosa facultade grazas aos programas de mobilidade) o profesor (Pedraio por estes lares) nos falou desta técnica que ten como obxectivo analizar os comportamentos dos individuos a través dunha conversa da que se extraen unha serie de conclusións.

Unha breve explicación sobre o Focus Group  é que debe reunir a un grupo de entre tres e seis persoas aos que se lles plantexan unha serie de cuestións (arredor de seis) que analizarán e comentarán nun tempo dunha hora nun espazo sen ruídos externos e que resulte cómodo para eles. A tertulia conta cun moderador que se encargará de distribuír os turnos de fala (deben ser iguais para todos) e a conversa  queda gravada para a súa posterior análise por unha persoa externa ao grupo de análise que se servirá tamén de apuntamentos tomados por un membro do equipo (que non debe intervir na conversa, nin tan sequera para preguntar por unha frase que se lle esqueceu anotar).

Focus Group  é, en definitiva, o que tentaremos empregar como espello da vida dos estudantes que chegan doutras Universidades a Ciencias da Comunicación. Esperamos que todo o que obteñamos desta experiencia sirva para complementar as outras iniciativas que recolle o noso proxecto (como a publicación de imaxes da vida dos nosos compañeiros que están fóra ou dos estudantes que chegan de “moi moi” lonxe).

S3F

Posted on 22 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Parece unha experiencia moi positiva, pero quédame unhas dúbidas pendente despois de ler o voso post. Con qué fin se emprega exactamente o “Focus Group”; tedes coñecemento de algunha universidade na que se leve a cabo de maneira habitual? As persoas coas que o ides desenrolar vos son só alumnos de Erasmus?

    Parece un procedemento interesante, pero creo que máis interesante serán as conclusións que sexades capaces de extraer de esas conversas.
    Sorte!

  2. O Focus Group emprégase para extraer conclusións sobre un tema a partires dunhas hipóteses iniciais. Logo de poñer aos “tertulianos” a falar durante o tempo establecido tíranse conclusións comparando o que se pensaba inicialmente que sería co que quenes falan nos contan sobre o tema.
    Non sei de ningunha experiencia deste tipo noutras universidades pero supoño que si existen grupos para facer que os alumnos que chegan grazas a programas de mobilidade se coñezan e se relacionen.

  1. Pingback: A dificultade de facer coincidir | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: