Praza Pública: O cineclube, no centro da Praza
Despois da satisfactoria reunión que tivemos co responsábel de Praza, e coa rodaxe do anuncio xa en marcha, no grupo T1A avanzamos cara o noso seguinte obxectivo da colaboración con este medio. Así pois, a partir do 1 de abril comezaremos a traballar cos nosos compañeiros do grupo T6A para desenvolver unha reportaxe sobre o Cineclube de Compostela que será publicada en Praza Pública.
O Cineclube é un espazo cultural único na capital de Galicia porque anima aos asistentes ao coñecemento da cultura audiovisual de lugares menos habituais, e non por iso menos inspiradas ou talentosas. Para ver filmes estadounidenses (comerciais) sempre pode un pagar nos cinemas convencionais —ou descargalo ilegalmente, claro— e gozar cáseque sempre do refrito de ideas manidas e á vez decimonónicas sobre as relacións persoais e as mesmas situacións reformuladas. O que estea interesado noutras visións, noutras achegas á cultura, será ben acollido no Cineclube.
Debido a que Praza Pública é un medio que no plano cultural diverxe significativamente dos medios «tradicionais», o seu director viuse moi interesado pola idea de adicar unha reportaxe ao funcionamento desta asociación, da que el mesmo é socio. Deste modo, e tras o contacto satisfactorio co xa mencionado grupo T6A, elaboraremos unha reportaxe, que terá ademais contido fotográfico —na medida en que os responsábeis da asociación nolo permitan—.
No próximo post, avanzarémosvos algún aspecto da nosa visita ao Cineclube e os primeiros detalles da forma que terá o noso reportaxe unha vez presentemos a base da idea ao director de Praza Pública.
T1A
Posted on 22 Marzo, 2013, in Documentos and tagged Aguado Taboada, Alonso Cabaleiro, Alonso Filgueira, Álvarez Vales. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0