Baixando á realidade
Tras varias semanas estudando o conflito das preferentes, as súas características e a súa fradulenta comercialización, por fin comezamos a realizar entrevistas a afectados.
Unha cousa é coñecer os casos que aparecen nos medios e outra cousa tratar cos afectados. En canto nos damos conta de que son seres de carne e oso, máis aló do que nos amosan as cámaras, resulta imposible non sensibilizarse coa causa. Por uns minutos deixan de ser unha masa de xente que reclama a vía da arbitraxe irrompendo nos plenos dos concellos para convertirse en xubilados que depositaron gran parte dos seus aforros nuns produtos financeiros de alto risco dos que non tiñan ningún tipo de coñecemento. Así, dámonos conta de que non reclaman o seu diñeiro pensando no seu futuro. Non. O necesitan para coidar dos seus fillos que están no paro ou para gardarse as costas se isto sucede. A impotencia que sofren ao verse estafados deste xeito é tremenda e a nosa presenza convértese nunha oportunidade para dicir todo o que pensan. Vacían toda a rabia ao atopar uns oídos dispostos a escoitar e a empatizar con eles.
Por outra parte, tamén temos concertada unha entrevista para a próxima semana con ADICAE – Galicia. Trátase dunha asociación adicada ao asesoramento gratuito e á defensa dos intereses dos consumidores de produtos financeiros. Alí nos falarán de cómo se poñen en contacto cos afectados, cómo celebran as xuntanzas, cómo consiguen explicar o funcionamento de produtos tan complexos a persoas cunha escasa formación no tema etc.
Algo que nos chamou a atención, ademais do gran número de afectados que hai en todo-los lugares de Galicia, é a súa accesibilidade. Non poñen ningún tipo de pega dende o momento en que contactamos con eles. Saben que esta información se vai empregar para un traballo e que será coñecida polos compañeiros. Sen embargo, non poñen pegas. O mesmo ocorre con ADICAE. Estas facilidades concedidas agradécense porque nalgunhas ocasións brillan pola súa ausencia.
S1E
Posted on 29 Marzo, 2013, in Documentos and tagged Anido Sueiro, Boo Lamas, Dominguez Osorio, García Casco. Bookmark the permalink. 3 Comentarios.
Ola, por favor lembrade que os post relacionados co traballo TS súbense coa conta co nome de usuario seminariocomunicacion1 no voso caso.
Grazas.
Como ben vos decides, “unha cousa e coñecer os casos que aparecen nos medios, e outra é tratar cos afectados”. Así é. No meu grupo do ProT estamos a colaborar co xornal dixital SermosGaliza ao que lle propusimos entrevistas a xente afectada polas preferentes e subordinadas de Santiago de Compostela e dos concellos próximos. Aceptaron enseguida por unha razón. Cando nos medios de comunicación publícase información acerca deste tema, os afectados son simplemente unha cifra ou aínda peor, un grupo de persoas alborotadas, que o único que buscan é facer ruído cada día ás portas dos bancos e dos plenos. Por iso o que buscábamos era dar a coñecer a realidade destas persoas, darlles voz nos medios. Unha voz que cremos que é moi necesaria.
Leticia Fracisco
A verdade é que tedes toda a razón neso que contades de que son persoas cunha gran historia e que non poñen ningún tipo de problema á hora de colaborar, a pesares de que todo o que vos conten en realidade non vai alcanzar unha gran publicidade mediática. No noso grupo, Paula tivo que poñerse en contacto cun grupiño que se reúne cada mañá ás portas da sede de NovaGalicia Banco en Santiago e esas persoas non dubidaron en deixar os seus obxectivos un momento para contestar moi amablemente ás súas preguntas.
É terrible ter que ver o sufrimento de moitas de esas persoas e ter que quedar inmóbil, sen poder facer nada ao respecto.
Esperamos que as entrevistas que tiñades planeadas foran todo un éxito. Estamos desexando poder botarlles un vistazo no blog!
S1A