ITÍNERA II: Afecto e dedicación

Mentras Alba e Mario xa remataron de colaborar na actividade de debate cos usuarios de Itínera. Sí ,“usuarios”, así é como alcuman os voluntarios de Itínera as persoas con algún tipo de enfermedade mental coas que traballan. Tania, Virxinia e Martín seguen coas súas respectivas labores de axuda á asociación.

Despois de cumplir as horas acordadas co profesor Marcelo e ca asociación, decidimos varios de nós seguir coas actividades durante un chisco de tempo máis para sentirnos, tal vez, un pouco máis útiles e así, poder axudar no máximo do posible a estas persoas que o agradecen de forma excepcional.

Virxinia e Tania non poderon evitar seguir co apoio ao estudio, axudando a Mariam, unha usuaria á cal se lle colleu máis cariño do esperado. A súa difícil vida tal vez contribuíu a que as nosas dúas compañeiras seguiran traballando con ela e así poder axudarlle a aprobar os exames que terá a mediados de Abril para sacar os estudios básicos.

Sen embargo Martín, segue no equipo “Tornillos”. Cada venres, toca mollarse no campo de fútbol detrás do centro hospitalario de conxo, digo mollarse, porque o tempo non acompaña neste fin de inverno e principio de primaveira. O seu afecto aos usuarios é distinto ao que se ten con Mariam xa que ao non ser una actividade individual non da tempo en duas horas a coñecer de tal maneira aos 18 membros do equipo. Pero aínda así non deixa de sorprender a entrega e amabilidade de cada un deles que fai que o noso compañeiro se sinta como un máis.

T5B

Posted on 29 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. É importante tirar do corazón e do afecto moitas veces, sen agardar ningunha compensación por iso, a pesares do moito esforzo. Cando menos queda aquela esperanza do estar onda eles e de facerse ser, que seguro que é a mellor compensación de todas. Alégrome de que o traballo dea boa ánima a todos. Un saúdo.

    • Por suposto. A todos nós quitáronse a maioría dos prexuízos que tiñamos sobre xente así ao traballar con eles. Esta tarefa, como ben dixeches ti, está a ser recompensadora ao notar o agradecemento por parte deles cara nós. Sen dúbida, estamos desfrutando do traballo.

  2. Se ve que esto ha dejado de ser un trabajo de clase, me parece que vuestro trabajo en Itínera se ha convertido en algo más voluntario que forzoso. Y sin duda, estáis haciendo un trabajo increíble. El hecho de entrar en contacto con los “usuarios” y ayudarlos como lo estáis haciendo se convertirá en una experiencia muy enriquecedora. Eso sí, me gustaría saber que actividades os encomendaron y como las llevasteis a cabo. Ya nos seguiréis contando como va vuestra experiencia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: