ITÍNERA I: TESTIMONIOS
Estas últimas semanas, gravamos o testimonio de Carlos Martínez -o coordinador de Itínera e o noso principal guía neste proxecto- e achegámonos ata o mesmo Hospital Psiquiátrico de Conxo para falar con algunhas das traballadoras do centro. Concretamente, con dúas das enfermeiras e con Maika Viz, a traballadora social da Unidade de Rehabilitación e o noso contacto dentro do hospital.
A experiencia, certamente, foi enriquecedora. Por primeira vez puidemos entrar no hospital psiquiátrico, e quedamos verdadeiramente abraiados. Esperanza Sánchez Fernández, enfermeira do Equipo de Continuidade de Coidados, falounos do trato dispensado aos pacientes, da verdadeira loita do persoal sanitario para acadar o nivel de funcionamento do centro, e da crise que se está a sufrir actualmente. Polo seu lado, e na aula-escola (agora xa abandonada) do hospital, Maika Viz narrounos a historia do centro dende que abriu as súas portas, hai xa máis de un século.
Pola súa parte, Carlos Martínez mostrou a outra cara da realidade falando da paradóxica boa situación que está a gozar Itínera actualmente. Moitos dos voluntarios que agoran acoden en masa á asociación son profesionais que, ao ficar en paro, decidiron botar unha man no campo no que están xa especializados.
Ademáis disto, e fora da realización do documental, atopamos a asociación pro-saúde mental da Creba, formada por profesionais e familiares de afectados por doenzas mentais. Esta asociación, que conta xa case con dúas décadas de andaina, adícase sobre todo ao apoio e orientación aos afectados por algún tipo de trastorno mental e máis aos seus familiares. O gratificante desta descuberta foi que veñen de estrear este mesmo ano un documental: Con Etiqueta. O documento audiovisual aborda nunha parte exactamente o que nós queremos contar no noso pequeno proxecto. Isto é, a perspectiva dos profesionais fronte ás persoas con algún tipo de doenza mental.
A próxima semana visionaremos o documental e barallaremos a posibilidade de contactar coa asociación. Ademáis disto, seguiremos coa gravación. Desta volta, gravaremos o testimonio dos voluntarios e mesmo algunhas actividades dos usuarios de Itínera.
T7A
Posted on 30 Marzo, 2013, in Documentos and tagged Ramos Cuba, Rodríguez Álvarez, Rodríguez Pazos, Salgado Rey. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0