Down Compostela: experiencias

Os nosos traballos achéganse cada vez máis ao seu fin, e gustaríanos volver un  momento a vista atrás para reflexionar sobre o que levamos feito. Na nosa andaina con motivo do ProT puidemos coñecer moitas cousas dos rapaces con síndrome de Down e agora xa quedan poucas actividades con eles. Visitarémolos nalgunha clase máis para falar un pouco e proximamente acompañarémolos nunha das sesións de ocio que realizan os venres pola tarde: cine, bolos, cena…

D7Durante este tempo tivemos ocasión de ver aos membros de Down Compostela tanto dentro como fóra das súas instalacións. Comprobamos cómo se desenvolven as tarefas de apoio que fai a Fundación, as actividades de teatro ou as clases de Sara no colexio Pérez Viondi da Estrada. Pero tamén puidemos ver a Yasmin ou a Manu no seu posto de traballo, falar con Elías e con Carlota sobre diversos temas e coñecer aos seus familiares na gala que Down Compostela celebrou con motivo do día Mundial do Síndrome de Down. Ademais sorprendémonos coa facilidade de Cristina para describirse a si mesma  como unha rapaza lista, responsable, traballadora e guapa (entre outras moitas características que pode recitar de carrerilla coa maior convicción), ou co animados que se mostran Manuel e Adrián ao explicar os coidados que dedican ao invernadoiro que traballan nas inmediacións de Down Compostela. Chegamos incluso a comprobar por nós mesmas o boas que están as acelgas cultivadas polos estes rapaces.

D2

Quizais despois destas semanas algo que nos queda claro é que para mellorar a situación das persoas con síndrome de Down a Fundación debería buscar o xeito de relacionalas nun maior número de actividades e ámbitos con persoas sen trisomía 21. Esta sería unha boa iniciativa para lograr realmente a concienciación no resto da sociedade e a plena integración, e é algo que non se leva a cabo. Pero o lado bo é que polo xeral os rapaces que acuden á Fundación están encantados de participar connosco, aínda que sempre hai algúns con máis afán de protagonismo que se ofrecen os primeiros para todo. A pesares de que ás veces os profesionais que traballan con eles intentan intervir nas nosas conversas ou decidir con que rapaces falamos e con cales non. Moitas veces supoñemos que é como unha maneira de controlar a imaxe de Down Compostela e de facer que a mensaxe que nos chega sexa unha en concreto e nunha orde concreta. Pero no momento de falar directamente cos rapaces as barreiras case desaparecen e é máis fácil que se traspase o contido desa mensaxe ríxida para chegar a unha máis persoal.

T1B

Advertisements

Posted on 5 Abril, 2013, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Laura Placer Breijo

    ¡Enhorabuena por el trabajo realizado! Este tema me interesa mucho y he estado siguiendo vuestra andadura con Down Compostela y la verdad es que me ha gustado mucho cómo nos contabais vuestro día a día con ellos.
    Haciendo referencia a la frase en la que decís que deberían relacionarse con más personas sin trisomía 21, estoy completamente de acuerdo. Recuerdo un debate abierto en un post sobre crear colegios especiales o simplemente tener colegios generales. Tuve el placer de hablar con Merce, coordinadora de Down Ferrol, y no puedo estar más de acuerdo con ella: si queremos normalizar esto y ayudarlos de verdad, tenemos que relacionarlos y no excluirlos.

    Placer Breijo, Laura T6C, S3C

  2. Vuestro trabajo es uno de los más complejos desde mi punto de vista. Es un tema de tratamiento delicado y muchas veces, incomprendido por la sociedad. Un problema en el ADN no significa que sean personas discapacitadas, sino que necesitan un poco más de ayuda. Pero los resultados también pueden ser mejores que los de alguien que, sin tener Síndrome de Down, hace el mismo trabajo. Os doy la enhorabuena por haber sabido llevar correctamente vuestro trabajo y envidia de la sana porque seguro que además de disfrutar muchísimo con los chavales, aprendisteis mucho sobre la gente con este “problema”.
    Boo Lamas, Zaira T2C S1E

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: