Drogadicción: os amigos da droga

O pasado luns saían á luz unhas fotos do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do contrabandista Marcial Dorado durante os anos 90. A resposta cidadá non se fixo esperar e ao enfado e descontento xerado temos que engadir a petición da oposición de que Feijóo abandonase a presidencia. Unha das principais voces que quixeron recoller os medios de comunicación foi á da presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño. Carmen, á quen teremos oportunidade de entrevistar para o noso traballo de TS, leva toda unha vida loitando contra o narcotráfico, polo tanto ninguén mellor que ela para dar a súa opinión.

Aínda que Carmen declarou en varias entrevistas que non ten por que dudar da palabra de Feijóo ao este afirmar que non coñecía as actividades de Dorado, deixa ben claro que en Galicia no ano 87 todos sabían donde procedía o patrimonio de Dorado, a quen denunciou ela mesma ata en tres ocasións.

Isto lévanos a reflexionar que ao inmenso problema da drogadicción súmaselle outro non menos importante, o tipo de relación que existe entre a clase política e os narcotraficantes. Érguete ou Proxecto Home empregan todas as súas forzas para recompor a vida de todos aqueles que caeron nas drogas e na prevención de futuros casos. Mais para que todos os esforzos sexan efectivos precísase contar co apoio dos gobernantes, que moitas veces non sabemos claramente de que bando están. Como declarou Carme “hai que ter coidado con quen se fotografía un”.

Imos pornos en contacto con Carme Avedaño para realizarlle unha entrevista sobre todos estes temas e que vos deixaremos nun post para que poidades acudir a ela.

S3B

Posted on 5 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Hace unos días entrevistamos al periodista Perfecto Conde, especializado en el narcotráfico, y le preguntamos sobre el tema de Feijóo. Su respuesta fue una sonora carcajada y un contundente, ¿y luego, alguien no sabía quién era Dorado?
    El problema del narcotráfico alcanza otra dimensión cuando sucede lo que sucedió en Galicia. El narco-Robin Hood al que la sociedad tiene como un héroe está en contacto con el político, que no lo veo con malos ojos por la consideración social que se les tiene. El resultado ya lo conocemos: tráfico de influencias, concesiones, favores, etc.
    Hoy en día el político rechaza al narco porque a los ojos de la sociedad el narco está mal visto. Lo que hay que preguntarse es qué haría si la sociedad lo siguiera viendo mal. ¿Tendría las mismas consecuencias la publicación de estas fotos en el año 1995?

  2. O 5 de Abril, puiden ver na Sexta no programa Equipo de investigación, os principais casos de narcotráfico na costa galega, o caso de Dorado ou Culebra foron os mais relevantes. Aínda que deixei de ver o programa, pois pecaba, ó meu xuizo, de espectacularizador, aprendín bastante destes casos. Eu sabía que dende os 80 Galicia era un punto clave no narcotráfico, pero non sabía os detalles. O caso de Dourado é uns dos máis investigados polo equipo e pola policía xa que, Dorado é un dos narcotraficantes con máis propiedades repartidas por España.
    Deixo aquí o link do programa da Sexta para quen estea interesado.
    http://www.lasexta.com/videos/equipo-investigacion/2013-abril-5-2013040500028.html

    Fernández Pereira, Marta

  3. Personalmente, no estoy para nada de acuerdo con el revuelo que levantó dicha fotografía. Teniendo en cuenta que en el momento de realizarla, Feijoo no era presidente de la Xunta, no veo correcto que el pasado de uno haga tambalear su presente. Además del hecho de que me parece ridículo que por hacerse una foto con un narcotraficante que era su amigo, se le vincule automáticamente al mundo de las drogas. Al igual que vuestra asociación para el trabajo de TS, Proyecto Hombre, trata de dejar atrás un pasado de drogadicción en los adictos, tampoco me parece correcto que Feijoo si que tenga que lastrar su pasado. Y digo Feijoo pudiendo decir cualquier otra persona. Las segundas oportunidades de reinserción no solo son para los drogadictos, y si a ellos les está permitido obviar su pasado para empezar de cero, a los demás también. Discriminación positiva sí, pero en su justa medida.
    Boo Lamas, Zaira T2C S1E

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: