Voluntariado: En primeira persoa

Entramos na recta final do traballo, o que significa que debemos comezar a facer balance do que esta experiencia nos aportou a nivel persoal. Dende o noso grupo decidimos que aínda nos quedaba unha tarefa por cumprir. Pensamos que estudar a labor dos voluntarios en Compostela, buscando extraer conclusións sobre as súas motivacións e recompensas, non tería moito sentido se  nós mesmos non intentábamos poñernos na súa pel. E así o fixemos. Todos nós comezamos esta semana a colaborar con algunha das organizacións coas que entramos en contacto:

Paula Quintás acudiu ao Espazo de Búsqueda Activa de Emprego da Cruz Vermella. Este programa pretende botar unha man a aqueles desempregados que xa non reciben axudas de ningún tipo, aínda que calquera pode acudir a consultar posibles empregos na cidade ou en outros puntos de Galicia. Os voluntarios recollen un perfil persoal e laboral dos implicados e axúdanlles a consultar as ofertas en Internet e nos folletos que cada semana elaboran. Ademais, os usuarios teñen á súa disposición un teléfono dende o que chamar para solicitar posibles entrevistas.

Jesús Silva colaborou no Centro de Mediación Social, dependente tamén da Cruz Vermella, onde traballou con menores facendo apoio socioeducativo. Os rapaces, na súa maioría inmigrantes, asisten ao centro para realizar as tarefas escolares e socializar con outros menores. Os usuarios adquiren un certo nivel de compromiso, establecendo as tarefas que deben realizar en cada sesión. A labor dos voluntarios e axudarlles en todo o posible, fomentar a relación entre eles e asegurarse de que cumpren os obxectivos que eles mesmos se marcan.

Andrea Viaño e Paula Rodríguez acudiron ao centro Vierio, vinculado a Cáritas, onde se atende e axuda a persoas sen fogar. Alí axudaron aos voluntarios a organizar unha sesión de cine fórum, e observaron algún dos talleres que os usuarios levan a cabo (como traballos con coiro que despois comercializan).

A próxima semana realizaremos un segundo achegamento a estas actividades co obxectivo de plasmalo despois nos post e memorias individuais.

S3D

Posted on 5 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Costoya Rodríguez, Adriana

    O voluntariado sempre me chamou. Este ano decidín dar o paso e acudín até o Albergue de San Francisco. Alí recomendáronme que botase unha man no centro de día que está onde a Cociña Económica. Porén, hai unha actividade que me chama especialmente: o reparto de roupa e comida á xente da rúa por parte da Cruz Vermella. Sabedes se se fai en Santiago? Con quen me teño que pór en contacto? Espero que me poidades botar unha man!

    • É certo que en Cruz Roja contan cun programa de reparto de comida e roupa para a xente sen fogar, pero acceder a el como voluntaria non é tan doado, principalmente polo excedente de voluntarios que teñen. De tódolos xeitos, podes pasarte por alí e María Suárez, que é a responsable de Voluntariado e Formación na Cruz Vermella, informarache sobre o programa e, no caso de que haxa prazas libres, concederache unha entrevista persoal para decidir que entras ou non no perfil de voluntaria que buscan. Previsiblemente, ela acudirá o venres 19 á charla sobre voluntariado que organizamos, así que poderás preguntarlle ese día en persoa. Por se acaso, déixoche un enlace coa dirección de Cruz Vermella en Santiago ¡Un saúdo e sorte!
      http://www.paxinasgalegas.es/cruz-vermella-175842em_79ay_2340ep.html

  2. El voluntariado me parece una experiencia muy bonita y enriquecedora a nivel personal. Son muy interesantes vuestras propuestas para colaborar aunque sea aportando un pequeño granito de arena y seguro que a esa gente a la que ayudais, nota vuestro interés. Yo misma colaboro en verano de forma voluntaria, pero en mi caso, con animales. Cuando tengo un ratito libre (cosa que en verano sucede muy a menudo) me acerco hasta la perrera a hacer esas tareas que a nadie le gusta a hacer y así también le quito un peso de encima a los responsables, que ven cómo poco a poco se va saturando con más animales necesitados y menos manos para ayudarles.
    Enhorabuena por vuestro trabajo y ojalá se contagie el espíritu del voluntariado.
    Boo Lamas, Zaira T2C S1E

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: