ERASMUS: Fotografías dos nosos compañeiros (I)

O prometido é débeda e, tal e como anunciamos nos nosos primeiros posts, unha das nosas asctividades será mostrar a vida dos estudantes que e están fóra de intercambio da nosa universidade mediante o seu propio ollo. Para tal fin, ímonos servir das fotografías que toman nos lugares onde están de festa…queremos dicir, onde están estudando.

Non hai demasiadas imaxes de clases ou profesores explicando a lección mais si que poderedes observar que os nosos compañeiros non tardaron en facer grupo con estudantes españois, estudantes de ERASMUS  ou os nativos do lugar no que se atopan.

Estas dúas imaxes pertencen ao mesmo rapaz: Manuel Domínguez Rodríguez, de 20 anos e natural de Ourense. Manuel estuda Xornalismo en Málaga, xa que é un dos derradeiros beneficiarios do programa Séneca e, como vemos, non perde un minuto. Na primeira imaxe vémolo nunha escapada de fin de semana á mesquita de Córdoba na que parece pedirlle a Alá sorte para os exames.

A segunda das fotografías mostra unha noite de festa do mesmo Manuel con compañeiros de clase que comparten o programa Séneca.

Imaxe Erasmus 1Imaxe Erasmus 2

Viaxamos agora a París, onde Diego Mariño Román, natural de Vigo,  tamén de 20 anos e estudante de Xornalismo celebra o Halloween co resto de ERASMUS do seu grupo (españois e do resto de Europa). Como se pode observar, pásano de medo!!!! Igual é o empurrón que precisades para pedir o programa o ano próximo. Como apreciaredes, a festa non vos vai faltar 😉Imaxe Erasmus 3

A derradeira parada desta viaxe está en Tours, lugar de nacemento de Honoré de Balzac e onde Claudia Cid (Verín, 1992) estivo de ERASMUS no primeiro cuadrimestre deste curso.

A primeira imaxe mostra a “zona de cañas” de Tours nevada neste frío inverno do que acabamos de saír. A segunda das fotografías recolle unha das viaxes que Claudia e os seus compañeiros da Universidade François-Rebelais realizaron. Desta volta atópanse no Château de Cheverny, ao igual que na terceira instantánea na que Claudia (no centro) posa xunto a dúas compeñeiras de ERASMUS (unha delas española). Finalmente, e como non podía ser doutra maneira, unha imaxe de celebración. Nela podemos ver a Claudia con compañeiras francesas, italianas e españolas de cea. Que ben viven os nosos ERASMUS!!!

Imaxe Erasmus 4

Imaxe Erasmus 5

Imaxe Erasmus 6

Imaxe Erasmus 7

PD: Rezade por nós (como facía Manuel) para que os estudantes que chegaron á nosa facultade poidan poñerse de acordo nun día e así facer o Focus Group. Por favoooor!

S3F

Posted on 5 Abril, 2013, in Canal BCP and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. ¡Qué envidia!
    Me han concedido la beca Erasmus para el curso que viene en Berlín y como muchos otros de mi compañeros aún no me he hecho a la idea, aunque estemos con el Learning Agreement a vueltas. En mi caso, siempre me ha llamado muchísimo la atención la cultura alemana, el idioma, su historia, y Berlín en concreto. Por eso me gustaría conocer y relacionarme allí con gente alemana y de otros países; no voy con la idea de conocer a todos los estudiantesu ERASMUS de España y de hacer las mismas cosas que hago aquí.La gente va con estas becas con la idea de crear colonias españolas o es inevitable que la

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: