Interxeracional: Últimas entrevistas

Nas derradeiras fases deste traballo (que versa sobre a transmisión interxeracional baseándonos noas exemplos das familias con orixe en áreas rurais, pero asentadas no barrio das Fontiñas) puidemos descubrir o caso de Ramón e Malena, un matrimonio que vive nas Fontiñas dende fai vinte anos e onde se asentaron cos seus dous fillos.

Ramón procede dos arrebaldes da cidade, nas faldas do Pedroso, e Malena é da Estrada, pero ambos migraron á cidade por motivos de traballo cando casaron. A lugar de orixe nunca se esquece e seguen a telo moi presente, pero de forma diferente. Como dato, as festas da aldea seguen a selas propias e tódalas semanas acoden alí, pero cada un ten a súa propia visión do que foi cadansúa lugar de orixe. O soño de Ramón é “voltar á aldea cando me xubile e botar unhas ovellas, facer unha boa horta e esquecerme de todo” mentres que a Malena a vida na aldea nunca lle gustou e o único que bota de menos é á familia; a urbe concedeulle unhas oportunidades que non podería ter no rural, “ademáis se quero ir ó campo non me queda tan lonxe e non me importa ter que desplazarme en coche tódolos días ao traballo”.

Os fillos só acoden á aldea por motivos de ocio e recreación, pero non descartan a volta ós orixes dos seus pais e nun futuro vivir alí. “Temos unha casa con moito potencial e as comodidades da cidade non están tan afastadas gracias a que agora estamos mellor comunicados en tódolos sentidos”. Recoñecen que sería duro vivir como o facían daquela os seus pais ou avós, pero todo sería diferente, os tempos cambiaron e poden combinar o mellor de cada hábitat.

 S3E

Posted on 5 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. A día de hoxe non é tan complicado elixir facer unha vida entre o campo e a cidade. Isto débese aos novos medios de transporte e, máis rápidos, cómodos e seguros e, sobre todo, as boas comunicacións que existen. Pódese vivir tranquilamente no campo, tendo tódalas comodidades que a sociedade exise e ter todas aquelas cousas que non poderías permitirte nun piso do centro dunha cidade. Refírome, por exemplo, ata ter unha horta propia e/ ou un gran xardín, algún animais, tales como galiñas, coellos, etc. Eu son unha partidaria deste estilo de vida no que se combina a tranquilidade e o descanso do campo e os servizos e oportunidades que ofrece a cidade. O único problema que observo é que, a pesar das boas comunicacións existentes, pérdese tempo indo dun lugar a outro. Claro que, as distancias sempre son variables.
    Leticia Francisco.

  2. Elixístedes unha familia que vive nunha cidade, e que as súas orixes sitúanse preto da mesma pero, que ocorre cos que viven verdadeiramente no rural?

    Como Leticia, comparto a idea de compaxinar campo e cidade, pero o que non comparto moito é o tema das comodidades actuais, que semellan que fan que as diferencias entre os dous “mundos” non sexan tan grandes. Fai uns meses quitaron os autobuses que van dende a capital de Galicia ata outros pobos, como Vimianzo ou Carballo, creo. É isto unha comodidade? A verdade é que parece mentira que nos tempos nos que estamos (que sí, que hai crise, pero que se aforre doutro lado) os estudantes dunha das principais cidades universitarias de España teñan que mirar para o aire porque non teñen transporte ata unha determinada hora. Unha hora, un bus.

    Sei que isto que acabo de dicir non é da esencia do voso post, pero penso que ás veces falamos das comodidades dos transportes que facilitan a vida entre o cidade e o rural dunha forma moi rápida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: