Medios comunitarios: Inimigos do establishment

Contábanos hoxe Mariano Cabarcos, de Cuac FM a historia de Merindad de Valdivielso, un concello da provincia de Burgos de 432 habitantes, na súa inmensa maioría vellos. Un pobo moi pequeno que pode presumir dunha inmensa cultura e unha comunicación extraordinaria por medio dunha peculiar radio comunitaria. Para facernos unha idea: Se unha veciña quédase en pleno inverno illada na súa casa por mor da neve unha chamada á radio fará que outros veciños que escoiten a mensaxe ao vivo vaian ao rescate da señora. True story.

ImageComa se caese un meteorito, Jokin Garmilla aterra en Valdivielso en 2001 para mudar o xeito de comprender a información e comunicación dos lugareños fundando a Radio Valdivielso. Cada mañá Jokin encargábase de espertar aos valdevilsianos e informarlles do tempo, das novas máis importantes e dos eventos que se van dar na bisbarra burgalesa. Un medio de comunicación exclusivo para 400 persoas por e para o pobo.

Cada personaxe que pasaba preto do pobo era levado á emisora, a xente tiña ao seu dispor unha cantidade moi grande de información diferente. Economistas que explicaban dun xeito máis sinxelo a crise ou famosos que se achegaban para contar as súas experiencias no val crearon unha conciencia e un nivel cultural nos habitantes que antes non imaxinaban. Un labor social moi importante que tiña data de caducidade.

No ano 2010 o concello decide non renovarlle a licenza á emisora entendendo que esta politizouse. O PP e o PSOE deciden silenciar a voz que acompañou aos veciños durante 9 anos. Non o podían controlar.

Image

Agora dende internet, pretende recuperar a dignidade do medio rural e transmitir aos seus escasos habitantes que o

envellecemento, a despoboación e en ocasións o esquecemento institucional que padecen, son causas contra as que se pode e se debe loitar con vehemencia.

http://radiovaldivielso.es/

ProT T3A

Posted on 5 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Sergio Álvarez Vales

    Que pouco habitual. Os políticos metendo a man nos medios de comunicación a pracer. En canto ven que non poden posuír todas as canles de información, sinten perigo no seu peto cheo de billetes do contribuínte. Non poden soportar unha información totalmente libre. Se cadra son conscientes do complicado que é de enganar un individuo informado en comparación co adoutrinado que aspiran a acadar eles.

    • Aos que non digan nada bo sobre nós nin auga! Esa é a política de Estado cos medios. Para poucas cousas se poñen de acordo PSOE e PP, esta é unha delas.

  2. Alejandro A. Roura Blanco

    A verdade é que non tiña nin idea da existencia desa vila e moito menos que tivese un medio comunitario aberto desas características. Estou totalmente de acordo con Sergio. Se todo é como ti dis – que estou seguro de que así é- custa entender as razóns ideolóxicas do peche. Ben é certo que os medios de comunicación poden chegar a ser un contrapunto ás visións únicas impostas polo afán de desinformación dos poderosos, pero non comprendo, a menos que chamase á insurreción con cóctels molotovs, cal era o perigo que tiña. Estou incluso a favor de que se chame á insurrección se fose preciso, pero tamén hai que ter os pés na terra e saber que certas cousas non se poden dicir polo aire.
    Un medio comunitario menos por razóns políticas. Sigamos sen facilitar que a iniciativa cidadá cubras as deficencias informativas propias de xeografías complicadas e da educación e formación por parte dos organismos públicos. Así nos irá.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: