Agareso: ¿Qué é a igualdade?

O tempo non se para a esperar e o Seminario de Cooperación Internacional e Xornalismo Social sobrepasou o meridiano que divide o comezo  e o fin. Nesta metade de percorrido quedan atrás momentos non descritos. Zuriñe Amaia López baixaba á realidade a definición heroica que temos algúns do “xornalista de guerra”, vía Skype, describíanos dende Londres as imaxes cotiás do conflicto bélico, percibidas na súa presenza, as orellas soportaron frases como<<nenos mortos nos brazos das nais>>, <<cans comendo cadáveres>>. Carma Mayugo, membro da empresa http://www.teleduca.org/. introducíamos no mundo dos medios comunitarios como sistema de desenvolvemento social e de mediación, para afrontar,solucionar e mostrar ás problemáticas e virtudes das pequenas comunidades, sempre mediante a presenza a pé de rúa, como entes sensibilizados, deixando atrás calquera interés político. Aínda que poidan parecer interesantes os contidos o nosos traballo non é completo. Convértese nunha estampa rutinaria, ás veces absurda, dunha hora tirando fotos, tuiteando ou recoller testimonios para un podcast. Aínda así, e cambiando de bando, está semana os asistentes viviron unha experiencia curiosa, asistiron ó estudo de radio para participar na grabación do programa “Rompendo barreiras”que realiza Agareso en colaboración con Cogami, os alumnos tiveron oportunudade de realizar alguna pregunta ás persoas discapacitadas sentadas ó carón dos micrófonos. Como non, a lata da “igualdade e integración” volveuse a abrir, dando como resultado un amplo debate. ¿Qué é a igualdade?, ¿Por qué insisten as organización como Cogami ou ONCE na terminiloxía que utiliza a prensa cara os seus colectivos (incluso teñen un libro de estilo)?, ¿non tería que ser a propia persoa que escollera como a definisen?, ¿Por qué defenden tanto a “discriminación positiva”?¿acaso non é tamén discriminación? ¿os campamentos exclusivamente para discapacitados non é un exercico oposto á integración?¿porque non se aposta por unha completa formación ?. As veces sorpréndeste de cómo a opinión dunha persoa con alguna discapacitade queda moi distante do que proclaman as organizacións que dín representalos, organizacións que son empresas, e como empresas que son teñen que obter certo beneficio para invertir e pagar nóminas, con supulentas facturación anuais que ( Cogami facturou no 2011 sobre 40 millóns de euros), e creando ou comprando parte de novas empresas para. Tal vez, como dí algún, a palabra “lucro” tería que borrarse da frase que se pon na cabeceira “ organización sen animo de…”

T8B

Posted on 12 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar un comentario