Comunicación: a figura do xefe
Esta semana imos falar da relación que teñen os xefes cos seus empregados, e os empregados cos seus xefes.
Para iso o noso grupo TS visitou unha empresa moi coñecida e entrevistouse co seu responsable e máis con dous dos seus traballadores. Estas son algunhas das cousas que o responsable nos contou sobre a relación que ten con seus traballadores: ”é moi cordial, levámonos moi ben entre nós, porque conseguimos ter unha gran confianza. Facemos un bo equipo.”
Está moi ben a frase de que “facemos un bo equipo” para animar aos seus traballadores e que se sintan ben na empresa, ¿non vos parece?
A resposta dos traballadores en cambio foi algo diferente…: “témoslle moito respecto e tal como están as cousas… como para pedirlle algo ou traerlle unha baixa”.
Comparando estas dúas respostas hai algo que nos chama a atención, e é que o traballador de hoxe en día tenlle moito respecto á figura do xefe, ¿quizais veña isto dado polos tempos que corren, ou simplemente porque a figura do xefe de por si xa impón á hora de entablar una relación? Obviamente dependerá da personalidade de cada persoa, pero falando en termos xeiras, nós cremos que a figura do xefe sempre impuxo, el é a persoa que “manda”, e seguramente por isto a relación con el sexa moito máis fría que entre os propios traballadores ¿Que opinades vós?
T6A
Posted on 12 Abril, 2013, in Documentos and tagged Quiroga Trasorras, Ramallal Salgado, Villanueva Míguez. Bookmark the permalink. 1 comentario.
A vosa entrada recórdame aquel “acalorado” debate que tiveramos na clase sobre o concepto de “xerarquía” á hora de relacionarnos en comunidade. Dicían algúns compañeiros que non hai forma de construir un NÓS real baixo un sistema de escalas de mando. Na mesma liña, outros opinaban que a “verdadeira” comunicación tan só pode darse nun espazo de equidade, de relación entre iguais. Ben, qué pasa entón cando as diferencias veñen totalmente impostas? Qué pasa cando entras nun xogo, pactado de antemán, no que as relacións xerárquicas son inamovibles? O caso máis claro é o que vos propoñedes, a dicotomía xefe-empregado. Interésalle a un xefe que exista este espacio de comunicación igualitaria, ou síntese cómodo tomando todas as decisións dende a súa posición privilexiada? Está claro que podemos atopar mil exemplos das dúas vertentes: xefes que buscan ser un máis cos seus empregados, que rompen barreiras e optan por crear ese NÓS auténtico onde tomar decisións consensuadas. Outros, sen embargo, prefiren ser respetados dende a distancia, e algúns incluso disfrutan sendo temidos. Pero, a fin de contas, a decisión final tomase “dende arriba”.
Jesús Silva Vilas T8B S3D