SEPIU: Non es ti só, tamén están os demais
Queremos comezar este post agradecendo a colaboración de todos os que participáchedes, nesta semana tan axeteadra (ou polo menos para nós foino), nos vídeos que creamos para promocionar o SEPIU: Xiana, Raquel, Álvaro, Virxinia, Laura, Silvia, Mario, Amara, Alejandro, Julia e Violeta (que, sen ser da clase, participaron moi activamente connosco).
Por fin, despois dos problemas que tivemos para poder cordinar cos voluntarios e para ter acceso ao material que necesitabamos, logramos gravar o pequeno spot que queríamos para poder darlle visibilidade ao servizo e unha pequena charla entre dúas voluntarias para que compartiran as súas experiencias co resto de nós e tratar de animar aos universitarios a participar no voluntariado.
Os vídeos serán colgados seguramente o xoves que vén, cando vaiamos ata as oficinas do servizo para falar cos responsables e crear unha conta de YouTube onde poder subir non só estas pezas, senón outras que poidan ser creadas no futuro. Por suposto, en canto as teñamos serán subidos ao blog para que os desfrutedes.
O noso maior problema foi a coordinación de tantas persoas con horarios tan distintos, como xa temos contado (e, de feito, á gravación do pequeno debate entre voluntarios faltaron dous que nos dixeran que ían acudir), pero despois de tanto traballo a verdade é que resulta satisfactorio ver que con esforzo e ganas de facer as cousas pódense acadar os obxectivos (aínda que sexan humildes, como os nosos).
T8A.
Posted on 12 Abril, 2013, in Documentos and tagged Tuñas López, Velasco Taboada, Viaño Castro, Viña Teijo, Vizoso García. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0