Subsaharianos: A historia de Billy

Para completar as historias que forman parte do nos traballo TS puxémonos en contacto con Billy, un mozo de orixe senegalesa que pasou moitos anos afincado en Málaga, e que agora reside en Francia. Xa houbo outros grupos que se beneficiaron das relacións que a nosa compañeira Noelia Alonso Oliveira mantén a raíz da súa estancia na cidade andaluza, e para nós tamén foi unha oportunidade a súa amizade con Billy, a quen coñeceu cando compartiron piso.

Este rapaz puido mostrarnos unha historia diferente á dos inmigrantes subsaharianos que levamos coñecido ata o momento. A distancia non nos permitiu coñecelo persoalmente, pero as novas tecnoloxías facilitáronnos o contacto. Dende o primeiro momento que nos interesamos pola súa historia Billy díxo que sería “un placer” colaborar con nós.

Billy chegou ao nos país como moitos outros senegaleses: só e coa intención de gañar cartos para enviar á súa familia. El integrouse moi rapidamente na nosa sociedade e adquiriu costumes españolas, a pesar de que a concepción que temos de aspectos como a familia é moi distinta á do seu país de orixe. Non só se relacionou con outros subsaharianos, e conseguiu un bo círculo de amigos españois, así como de outras nacionalidades. Billy incluso tivo unha moza alemana. Aínda así, non deixou nunca de comunicarse cos seus ou de enviar cartos á súa casa.

Todos temos na mente a imaxe dos subsaharianos traballando na rúa pola noite, cando os demais estamos de festa. Isto tamén lle pasaba a Billy cando vivía en Málaga, pero non vendía gafas de sol de cores nin sombreiros, el era relacións públicas nunha discoteca e dedicábase a atraer á xente para que entrasen no local.

Hai case un ano que vive en París, ata onde se desplazou porque alí tiña contactos que lle axudaron a buscar traballo. Deste xeito comezou unha viaxe cara ao norte, igual que o protagonista de Las cartas de Alou viaxou a Barcelona motivado polas promesas do seu amigo Mulai, polo de agora parece que Billy correu mellor sorte.

S1B

Posted on 12 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Me alegro mucho de que finalmente hayas podido contactar con Billy y que haya accedido a contarte su historia. Como tú dices es cierto que no es la imagen del típico senegalés que la mayoría tiene en la cabeza. Como siempre se tiende a generalizar, aunque es evidente que cada uno tiene su propia historia que contar. Billy es un chico muy alegre y sociable, y desde el momento en que lo conocí lo he visto buscarse la vida como cualquier otro joven de aquí. De hecho fuimos compañeros cuando trabajábamos de relaciones públicas en el centro de Málaga. Me ha contado un montón de cosas de su país e incluso me ha cocinado alguna vez un plato típico muy picante que se llama yassa. Además participó en un videoclip contra el racismo que rodaron aquí en Málaga unos amigos míos. Os dejo el enlace de youtube con subtítulos, ya que la canción está en árabe. Espero que lo disfrutéis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: