Día 4 [Diario de experiencias]

A maquillaxe da invisivilidade:

Fai aproximadamente dous meses que comecei a embeber da cultura magrebí.Si, definitivamente fai aproximadamente dous meses daquel proceso de eliminación de burdos prexuízos.Non, non se trata dunha inspiración deviña , nin tampouco dunha repentina reconversión cara ó Islam.Foi o día a día e contacto con persoas reais as que conseguiron eliminar do hesmiferio que sexa do meu cerebro a idea preconcibida que tiña da muller musulmana sometida e o home sempre dominante. Tarik tivo moitísimo que ver nisto, a conversa con el logrou abrir a miña enguedellada mente.

Neste 4 día de transmisión de experiencia, a nosa experiencia gustaríame centrarme un pouco no discurso dos compañeiros ,coa evolución que eu aprecio tivo lugar nas últimas semanas nos comentarios e discusións propostos no blog.

Pois ben:Creo que como en todo aquí hai dúas beiras nun río,dúas Españas enfrontadas no que faghan o que queiran é a súa cultura e o pobres mulleres sometidas por un mundo de homes .Todos me coñecedes ¿non? Son unha persoa que peca bastante de visceral e un anaco demente.É inevitábel non lembrar como os comezos do TS o meu lema era “REVOLUCIÓN DA MULLER ÁRABE” e demais parrafadas das miñas.

Un mozo co que estiven hai tempo dicíame cada mañá que non sabía porque tentaba parecer unha muller loitadora se logo me agochaba tras unha enorme máscara de maquillaxe.Coma de costume encabroneime, solteille o típico mitin e listo! Esas palabras tiveron calado en mín.Comecei a  mirarme no espello doutro modo,non quero dicir con isto que abandonase as miñas pinturas , sombras e demais pero xa non son elemento indispensábel nin capa de invisibilidade.Son complemento dunha persoa que vale o mesmo con el ca sen el. Serve isto para dicir que o problema non é o burka en si mesmo senón se serve para agocharse ou agochar á muller árabe, se lle impide o burka mirase a ese espello da alma ;espidas.Se é en definitiva esa burda pantalla de maquillaxe occidental ou ben é simplemente un signo máis de cultura e reafirmación.

Haberá como en todo casos é casos …pero  eu polo menos abandonei o discurso e o arquetipo barato e xulgarei a estes homes e mulleres tras manter unha conversa con eles.Pois queramos ou non hai moitos máis Tariks polo mundo dispostos a sorprendernos gratamente.

S1C

De la Barrera Agulló, Elba.

Posted on 18 Abril, 2013, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: