Erasmus Tours

Tours é unha vila de 136.000 habitantes situada na rexión central de Francia. Despois de barallar varias ideas decidín escoller esta vila como destino erasmus por varios motivos. Por un lado, Tours é unha vila que esta moi ben comunicada coas cidades colindantes e pode presumir de ser unha das poucas que ten un TGV (tren de alta velocidade) directo a París. Por outro lado, esta rexión central de Francia é considerada como unha das zonas onde se fala o francés máis claro, algo que non lle ven mal a unha estudante erasmus que acaba de aterrar.

Se analizamos a miña experiencia erasmus podemos considerala un tanto peculiar xa que tiven a oportunidade de relacionarme moito con estudantes franceses da miña idade. Isto era debido a que a universidade de xornalismo de Tours se caracteriza por realizar unha proba de acceso aos estudantes antes de entrar, o que supón que dos 900 aspirantes a xornalistas que presentan as súas solicitudes cada ano só 25 consigan a praza. Desta maneira, no noso primeiro día de clase as miñas dúas compañeiras de erasmus de Santiago e máis eu atopámonos con 25 alumnos de primeiro e un profesor o que nos custaba entender. Ter unha clase con poucas persoas pode ter os seus inconvintes pero tamén permite que sexa máis fácil relacionarse. Aínda así, os comezos nunca son fáciles pero a medida que pasaban os meses (e melloraba o noso francés) a relación cos nosos tocallos franceses tamén mellorou chegando a facer boas amigas na carreira.

Claudia Cid Nieto ImaxeComo dixen, as cidades pequenas teñen as súas desvantaxes pero axudan moito á hora de coñecer xente. A miña residencia, por a casualidades da vida, atopábase xusto enfronte da facultade polo que pasaba gran parte do meu tempo no campus universitario. Varias plantas con varias habitacións compoñían a miña residencia francesa. Na metade dun cuarto piso sen ascensor atopábase a miña habitación cuxas vistas eran a unha gran arboreda que se atopaba enfronte (algunha vantaxe tiña estar no cuarto piso). Vivir nunha residencia onde a maioría dos residentes eran franceses foi outro dos aspectos que me axudou a integrarme na súa cultura. Aínda que as habitacións eran individuais a cociña da planta era comunitaria o que me permitiu coñecer os meus compañeiros de corredores e porque non, a cultura gastronómica dos estudantes de Francia.

Sen embargo, en Tours non soamente me relacionei con franceses senón que tamén coñecín a outros estudantes erasmus de diferentes partes do mundo. Debido a que as actividades levadas a cabo pola organización para coñecer os estudantes internacionais eran máis ben escasas, os erasmus cos que máis me relacionei eran os que vivían na miña residencia. O centro da vila atopábase a uns 20 minutos andando polo que saiamos en grupo cando queriamos ir ao centro. En relación cos españois, a miña relación reducíase a dúas rapazas que se atopaban na miña residencia coas que me relacionei sobre todo neses primeiros días onde as miñas conversas en francés brillaban pola súa ausencia.

Coñecer outras culturas e sobre todo integrarte nelas é unha experiencia que eu lle recomendaría a todo o mundo. Aínda que non todo son facilidades cando chegamos a un país por primeira vez a experiencia de coñecer novas formas de pensar e comportarse son sen dúbida enriquecedoras para todo o mundo.

Claudia Cid Nieto. Estudante de 3º curso de Xornalismo.

Posted on 18 Abril, 2013, in Documentos. Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: