Cidade-Rural: O conto do tío Marcial

Hoxe faleceu Marcial, un labrego máis que coa súa aixada cavou terras pola meirande parte da provincia de Ourense. Polo menos ata finais dos anos sesenta. De familia humilde, Marcial adicouse ao xornal para axudar á mantenta da súa familia e dos seus irmáns. Chegado o desenvolvemento económico do tardofranquismo, o rural galego comezou o seu despoboamento gradual en forma de éxodo ás cidades. Moitos dos seus compañeiros de partida, emigraron cara as novas industrias que se instalaron en Galicia da man do “desarrollismo” tecnócrata. E el non foi menos. O esquecemento do medio rural por parte das autoridades (in)competentes foi o xerme da situación de desmantelamento que presenta o país hoxe en día. Falo de xerme, porque despois de Marcial, os seus fillos e netos tampouco acharon oportunidades de asentarse no campo.

Esta é unha historia das mil que podemos atopar na Galicia de hoxe en día. Os labregos coma Marcial personalizan a pasividade da administración pública de crear riqueza no campo. Trátase dun feito que non só condiciona a demografía, senón a identidade do pobo, provocando a polarización dos medios rural e urbano. Se a coxuntura non cambia, veremos como aldeas e vilas galegas perden poboación e tamén, teñen condicionados servizos básicos como sanidade e educación ao seu tamaño.

S2D (Lorenzo Pérez, Nespereira Vale, Fernández Trasmonte, Garea Albarrán)

Posted on 19 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: