Voluntariado: Conversas e conclusións

Ao longo destes meses, dende o S3D tivemos a sorte de entrar en contacto con multitude de voluntarios de distintas asociacións compostelás. Persoas de todo tipo e perfil, cada un coas súas motivacións e intereses persoais, que decidiron dedicar parte da súa vida ao voluntariado. Este último post grupal pretende ser un breve resumo das numerosas conversas que mantivemos con eles, núcleo central do noso traballo. Agardamos que ademais sirva de contrapunto ás opinións expostas polos invitados á Mesa Redonda que organizamos.

Carme Martínez sempre tivo inquedanzas sociais e a necesidade de sentirse útil á sociedade. “Apórtame o feito de estar en contacto con persoas de diferentes estratos sociais, de diferentes intereses, ás que lles podes axudar na medida do posible cos teus pequenos coñecementos. É unha actividade moi gratificante sobre todo en canto ao que che fai sentir moralmente”.

Juan iniciouse como voluntario mentres preparaba as oposicións para ser profesor de secundaria. Colaborar nunha ONG realizando apoio socioeducativo a menores era a oportunidade perfecta para practicar e gañar experiencia, con vistas ao seu futuro laboral. “Non me importa para nada non ter soldo, gústame poder colaborar e adquirir responsabilidades”.

Yasmina García levaba dous anos estudando enfermería, buscando algún xeito de poñer en práctica os seus coñecementos. Pero atopouse con algo que non agardaba. “Sen ningunha dúbida, é unha experiencia que vale a pena vivir e que che fai recapacitar sobre a túa propia situación, e sobre o mundo en xeral”.

Pablo estaba sen traballo e sentía a necesidade de colaborar con algunha asociación. “Buscaba unha organización con garantía de calidade e unha marca internacional”. Recoñece que comezou por altruísmo, pero os anos de experiencia, e a promoción laboral (agora é responsable de Xuventude nunha famosa ONG), axudarano a continuar. Jose tamén estaba desempregado. Acababa de rematar os seus estudos universitarios e precisaba ocuparse en algo. Decidiu que, en vez de traballar nunha empresa que nada tiña que ver co seu, prefería facerse voluntario.

Cristina estuda Filoloxía e “buscaba algo radical” que a axudase a desconectar. Cando entra ao seu posto de voluntaria esquécese de todos os problemas. Ademais, admite que é unha boa forma de formarse e practicar.

Xerardo Hermida: “Probablemente sexa por un sentimento humanitario de facer algo, non só por un mesmo senón tamén polos demais. Por outra banda, ser voluntario compénsame enormemente, apórtame máis do que ofrezo. No cambio, eu sempre gaño”.

Tan só é unha mostra das numerosas entrevistas que fixemos e as persoas coas que entramos en contacto, pero cremos que é moi significativo e revelador para entender o nosos traballo. A partir de aquí, que cada quen saque as súas propias conclusións. Grazas.

S3D

Posted on 19 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Si me ha aportado algo positivo mi trabajo ProT, eso ha sido acercarme al voluntariado, convertirme en una más. Nunca había hecho ninguna actividad de este tipo, era algo que se me pasaba por la cabeza pero nunca acababa de dar el paso.
    Al final, con esta asignatura que nos ha convertido en “voluntarios por obligación”, he comprendido el importante trabajo que realizan desinteresadamente los voluntarios, ayudando y haciendo sonreír a muchas personas que no han tenido la misma suerte que nosotros y es algo realmente enriquecedor.
    Espero poder continuar este verano como voluntaria en mi ciudad y seguir aprendiendo de los demás.

    • Paula Quintás López

      Lo cierto es que como sociedad tenemos un concepto de voluntariado que se puede acercar más o menos a la realidad, pero al que siempre suele faltarle esa prueba consistente en ponerse en la piel de los demás.
      La oportunidad de colaborar, de ver como se relacionan realmente entre ellos los voluntarios así como con los usuarios de las asociaciones es un hecho que debemos aprovechar en nuestro beneficio ya no solo como estudiantes de periodismo, sino también como personas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: