Drogadicción: memoria
Estes últimos días foron algo abafantes. Mudamos de actividade ao ver que ía ser inoperativo realizar unha exposición o día 30. Estamos dándolle os últimos retoques ao glosario sobre drogadicción -a actividade pola que trocamos a exposición-. Nestes días, tamén entrevistamos Carmen Avedaño -presidenta e coordinadora da Fundación Érguete-Integración-. Recollimos as súas palabras e pronto poderedes ver as súas declaracións neste blogue.
Por outro lado, seguimos ás voltas coa memoria. Require certo traballo botar a vista atrás para recoller todo o sembrado ao longo deste cuatrimestre. Aínda así, sempre é algo necesario.
No anterior post grupal facíase alusión á relación de Marcial Dorado co actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O político aseguraba que iso pasara hai moito tempo, e que non sabía que estaba a tratar cun narcotraficante. Ou, o que é mellor, que daquela non estaba inmerso nesas actividades criminais.
Lonxe de cuestionar ou non a veracidade das súas palabras, o que queremos remarcar é a necesidade de non esquecer. Non esquecer nunca o perigo das drogas, non esquecer nunca quen é Marcial Dorado, quen son os culpabeis da xeración perdida dos 80. Lembrar, lembrar sempre todo o que se pode perder cun simple momento de falta de control.
S3B
Posted on 19 Abril, 2013, in Documentos and tagged Pérez Bernárdez, Piñeiro González, Ramos Cuba, Rodríguez Pazos. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0