ERASMUS: Punto…e final?

Esta semana foi particularmente intensa para o S3F porque, logo de moitas tentativas e de que nos “desen por saco” un par de veces conseguimos facer a actividade central do noso proxecto: un Grupo de Discusión con estudantes de programas de intercambio.

Na casa de Silvia Troncoso (perfectamente ordenada PARA A OCASIÓN) déronse cita Marcela Tatarska (de polonia), Rauan Danabayeva (de Casaquistán) e Francisco Rego (natural de Arzúa pero que, na actualidade, está de Séneca na nosa facultade). Dos tres puidemos coñecer o avance que foron experimentando para integrarse na comunidade que constituía a súa clase. Na maioría dos casos pasan de relacionarse coa xente da súa zona xeográfica a compartir tempo cos galegos (dos que dixeron que eramos algo pechados) a medida que o seu castelán vai mellorando. Tamén nos fixeron ver como era o método de estudo noutras universidades europeas e españolas, e algunhas cousas máis que resultan sorprendentes e que vos invitamos a ver no documento que vai adxunto a esta publicación. Ademais, grazas á mediación de Daniel Viña, teredes acceso ao mesmo documento de conclusións e á gravación da conversa moderada por Jacobo Fariña neste mesmo blogue.

Noutra orde de cousas, tamén continuamos coa recompilación de materiais dos alumnos que están fóra de Erasmus. Se no anterior post mostrabamos algunhas imaxes de  compañeiros que están noutras universidades, esta semana remitimos ao BCP tres textos (polo de agora) que contan as experiencias que viven estes rapaces e rapazas que decidiron solicitar programas de mobilidade. Nos post hai anécdotas e consellos para salvar as dificultades que, ao principio, poidades ter.

Polo de agora, ofrecemos os textos de Claudia Cid, Uxía Prieto e Cristina Knight. Agardamos que vos axuden ou vos animen a ir de Erasmus!

Isto é todo o que vos ofrece o S3F. Agardamos que os nosos post  fosen amenos e vos servisen de algo as nosas aportacións. Unha aperta de Raquel Pérez, Sara Rodríguez, Silvia Troncoso e Ángel Vizoso!

Análisis Focus Group

DSC_0677

S3F

Posted on 19 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. La verdad que a mi si me han interesado vuestros post, tengo muchas ganas de irme de Erasmus y quizá el año que viene lo solicite. Creo que todo el mundo debería pasar un tiempo de su vida en el extranjero, aprendes un montón de cosas y lo ves todo desde otra perspectiva. Por no hablar de la gente que puedes llegar a conocer y de lo mucho que te pueden aportar, tanto a nivel académico como personal. Yo he ido de Séneca a Málaga y me ha cambiado la vida, tanto que tengo pensado pedir el traslado de expediente. Me ha gustado el enfoque que le habéis dado a vuestros post, muy personales y dinámicos. Además, conocer otras experiencias siempre animan a tomar la gran decisión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: