Invidentes: Conclusións
Xa rematou o camiño neste longo proceso polo ámbito da invidencia e o sistema educativo. Pode que a proxeción do tema nun principio poidese levar unha máscara de monotonía e aburrimento pero a decir verdade, a medida que íbamos coloncado as pezas descubrimos unha serie de elementos que nos sorprenderon, e que contradicen esas queixas ás que estivemos expostos das asociacións desta índole cara a prensa.
Conclusións:
– Os discapacitados visuais, son persoas con unha abundate autonomía cando chegan á educación superior.Por iso non necesitan de ningún servizo especial.
-O servizo da universidade (SEPIU) funciona na medida da necesidade que considere o discapacitado.
-A arquitectura da facultade non está completamente adaptada para as persoas discapacitadas
-As organizacións que dín representar a persoas con algunha discapacidade ofrecen un discurso ás veces contradictorio con respeto ó colectivo que representan. Por exemplo, na denuncia da terminoloxía. Ningún dos entrevistados manifestou a súa incomodidade ante palabras como<<cego>>, <<discapacitado>> e incluso<<minusválido>>, fixeron referencia máis ó contido dunha noticia que a esa palabrería.
-As persoas invidentes coas que tratamos non aceptan a discriminación positiva, todo o contrario. Para o noso asombro, non creen que as subencións, a reservas de plazas e a exención de matriculas favoreza a igualdade. Están en contra disto. Algo a ter moi en conta.
– Abrironos unha porta paralela para entender as asociacións, unha porta escura. Fixeronos entender doutra maneira a imaxe de “ente benefactor” deste tipo de organizacións. Por exemplo, a ONCE, creen que as veces é un organismo mais desintegrador que integrador, o 90% dos afiliados apenas ten formación e traballa vendendo cupóns, o que fai ser dependente dunha organización para traballar.
Para rematar, dar as gracias a todos que sen ningunha pega estiveron dispostos a colaborar, a pesar de que as veces pode soar a un tema delicado, a todos eles, porque nos sorprenderon cos seus feitos, co seu día a día, e porque nos acercaron a un concepto de igualdade moi afastado do que nos pensábamos. Gracias.
S3G
Posted on 19 Abril, 2013, in Documentos and tagged BREA LEDO, Tomé Piñeiro, Velasco Taboada. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0