INVIDENTES: EXPERIENCIAS (DIARIO DE)

A semana escollida para a realización deste diario de experiencias foi a primeira semana do mes de abril (do 1 ao 5). Nesta semana entrevistamos a Toni, Ana respostounos á entrevista vía mail e presentámonos, fartos de agardar unha chamada, na ONCE. Subimos un post relacionado coa experiencia vivida por Emma Mayo, que a entrevistaramos semanas atrás, transcribimos a entrevista de María Muñoz e intentamos contactar, sen éxito, co CERMI.

Foi a semana máis humana de todas. As entrevistas realizadas a Ana, unha alumna de 1º Xornalismo, e a Toni, doctorado pola en Xornalismo que traballa en Radio Galega, foron do máis enriquecedor. As súas testemuñas valéronnos para formarnos a nosa opinión persoal sobre determinadas cousas.

Demostráronnos que a forza vital é imprescindible. O peor inimigo, dicía Toni, é un mesmo. As maiores barreiras que existen son as que se autoimpón unha persoa. “Nunca digas non podo, ti proba”.

Aprendimos que igualdade ás veces non é senón discriminación positiva. Igualdade non son as cuotas para entrar na Universidade para o alumnado con discapacidade. Por que unha persoa con discapacidade visual vai ter que entrar por un número de prazas reservadas? Para a integración e adaptación o único preciso é sentido común.

Decidimos ir até a ONCE en vista de que, a pesares de que dixeron que nos chamarían, non o fixeron. As grandes organizacións como a ONCE son organizacións moi ben plantexadas, con múltiples servizos gratuitos para os seus afiliados, pero á vez promoven unha dependencia moi forte dos seus usuarios, o que dificulta a auténtica inclusión social. Era algo que en todo o temo que levamos con este traballo nin sequera se nos pasara pola cabeza, mais a conversa con Toni axudounos a ver máis aló do discurso das asociacións.

Brea Ledo, Paloma

Tomé Piñeiro, Abel

Velasco Taboada, Lucía

S3G

Posted on 19 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: