Daily Archives: 20 Abril, 2013

Drogadicción: Entrevista + Reseñas

Carmen Avendaño é unha das persoas máis coñecidas en Galicia pola súa loita contra o narcotráfico dende os anos 80, sendo pioneira en denunciar aos narcotraficantes do momento. Fundadora da Federación Galega de Axuda ó Drogodependente e actual Presidenta e coordinadora da fundación Érguete-Integración, esta muller está considerada como unha das 100 galegas máis influíntes na sociedade.

Mostrámosvos a entrevista realizada polo noso grupo TS a Carmen Avendaño.d

Pode facerme unha breve explicación da orixe de Érguete e  cal foi a reacción da sociedade do momento.

A orixe está polos anos 80-85, donde se empeza a visualizar de forma amplia e dramática o consumo de drogas. Empeza a necesidad de ver o que está ocorrendo porque tanto a sociedade como as familias afectadas realmente non sabíamos nin tiñamos idea do que estaba ocorrendo. Esa foi a orixe e a partir dun debate intenso entre as familias que o padecíamos chegamos a conclusión de que tiñamos que aportar o noso gran de area para explicar o que estaba sucedendo, que era todo o contrario ao que estaba dicindo a representación política, xudicial ou policial respecto aos chavales con problemas de drogas ou delinquia.

A reacción foi in crescendo. Nós presentámonos públicamente nun local do municipio de Vigo cos representantes de todos os partidos políticos para explicarlle o que estaba ocorrendo, a sala estaba totalmente abarrotada de xente e, bueno, fomos moi directas na nosa comparecencia. Comezamos explicando o que sucedía, dicindo que se producira unha reconversión do tabaco ó tráfico de drogas, dicindo que había unha complicidade que estaba intentando chegar á política e a todos os estamentos, empezamos a falar de casos concretos de proxenetas e narcotraficantes que estaban condenados a privativas de libertad pero en cambio no se adxuntaban as súas detencións polo que se deducía que estaban facendo de soplóns da propia policía e denunciamos a venda de drogas en establecementos públicos (bares), dando nomes e dirección. Foron 30 e tantos bares que denunciamos. A nosa presentación foi moi chamativa e de todos os bares que denunciamos, ningún exerceu acción legais en contra nosa.

-¿En que momento Érguete pasa de ser unha asociación de nais a contar con financiamento público?

Nos, a asociación como tal comenzamos a facer un montón de historias durante anos. Dende o 84 ata 89 o que fixemos foi concienciar á xente, dando conferencias en diferentes sitios, explicando a necesidade que había de recursos existenciais, de alternativas de cumprimentos, de axudas ás familias… e bueno, a xente foise concenciando de forma paulatina, e cunha idea clara de que eramos persoas serias e que sabíamos do que estábamos falando. No ano 87, co goberno tripartito, presentamos un programa xurídico e social para axudar ós chavales inmersos en procesos ou detencións policiais, e a partir de ahí xa a propia Xunta Directiva nomeou un coordinador que dirixise aos profesionais, e ese coordinadora fun eu. Propuxémosllo á Xunta, que o aceptou e bueno, a partir de ahí empezamos a traballar pero con máis amplitude porque primeiro foi con equipos xurídicos sociais, despois foi traballo en prisión, despois pisos de acollida… e xa no ano 97 pareceunos que estábamos coxos, que necesitábamos facer  formación laboral e reinserción, que as persoas que ían abandonando as drogas ou as que estaban en risco de caer nelas, e montamos a fundación.

 Nese momento, entre a asociación e a fundación traballamos sobre 4000 persoas ao ano e somos un servicio realmente que traballa na rede tanto a asociación como a fundación, e que non soamente traballamos con tóxicos, traballamos tamén con xente que está en risco de exclusión ou que xa está excluída.

-¿Cómo é a comunicación interna en Érguete?

A comunicación é a través da Xunta Directiva. Eu son a presidenta da asociación e da fundación. Reúnome loxicamente case todos os días alí. Reúnome coa xente e falamos sobre as incidencias, cando hai algún tema importante pois xa me chaman inmediantamente. Entonces o que facemos e manter o servicio coordinado de todos os profesionais, temos tamén unha empresa de reinserción que neste momento ten 28 traballadores, que son digamos esa parte que lles falta para habituarse a traballar, e que xa despois acceden ao mundo laboral libre, digamos. Connosco teñen o salario que establecen os convenios colectivos, e o que facemos é coordinar o traballo. Hai un responsable dos equipos da  fundación, e outro responsable dos equipos da asociación. Eu, como presidenta, coordino o traballo que se desenvolve.

-¿Actualmente notan a crise e a política de recortes?

Sin duda algunha. Estamos cuns recortes do 40%. Neste momento a asociación está inmersa nun ERE de redución de xornada dun 20%. Para poder ver si sorteamos , estivemos o ano pasado desde o 2º semestre, e agora este 1º semestre, para ver se podemos sortear o temporal, e bueno, cos salarios conxelados da xente , esperemos que pasando este 2013 xa poidamos dalgunha forma equilibrar os presupostos. Todos os traballadores, tanto da asociación como da fundación, apoiaron con uninamidade sacrificarnos todos xuntos para evitar ningún tipo de despido.

-¿Bota en falta a existencia de máis asociacións de rehabilitación coma Érguete para axudar a todos os toxicómanos unha vez que saen das cárceres?

Na cárcere hai moitas organizacións que están traballando, e nos, concretamente a fundación e a asociación, traballamos moitísimo. Traballamos en 3 prisións, no CIG de Vigo, na prisión da Lama (que depende do Cid de Vigo), na prisión da Coruña e no CIG da Coruña, e tamén esporádicamente na prisión de Ourense. Os programas que facemos son de asesoramento, de primeiros auxilios,  de alfabetización, con axuda xurídica para recursos ou algún tipo de causa que teñan pendentes, e o que facemos é enlazar con 3º grados que veñen para Vigo ou para A Coruña, e xa  entran a formación laboral para a posterior reinserción, e esa seguridade que saen xa con moitos estigmas de estar en prisión, para a súa valía, para facerlles un seguimento de autoestigma indic¡vidual, que é moi necesario, para que se volvan sentir integrados nunha sociedade que lles chega a resultar distante no tempo.

 -¿Cal é o perfil de toxicómano actual?

O perfil do toxicómano actual variou respecto dos anos 80. As idades, en cambio, non variaron. Inicianse ós 14-15 anos co botellón, que se considera como unha forma de ocio entre os adolescentes. E a partir de ahí que si unha pirula, un porro e teñen moitas posibilidades, canto máis xovens son a entrar noutro tipo de consumo máis dañinos, como poden ser a cocaína, heroína, anfetaminas, etc.

-Como nai que realiza unha intensa loita contra o narcotráfico, ¿qué opina das fotos do presidente da Xunta con Marcial Dorado?

Sobre todo sorpresa. Unha das cousas que fixemos dende un principio foi estar en contacto con todos os grupos políticos para que eles tamén se concienciaran. Entonces o feito de que saían unas fotografías do presidente da Xunta cun señor tan indeseable como é Marcial Dorado e que por moito que se diga, xa era un indeseable naquel entonces, que se adicaba ó blanqueo de diñeiro de tráfico de drogas. E aínda que el (o presidente) di que non coñecía a Marcial Dorado, eu creo que Marcial Dorado hai moitos anos que é coñecido e que xa estaba sinalado polo movemento social dende moito antes do 93.

-¿Cree suficientes todas as medidas policiais que hai en contra da droga?

Curiosamente acabo de ver na prensa que toda unha familia de xitanos  a que lle atoparon unha determinada cantidade de diñeiro e que estaban abastecendo a casi toda a zona de Vigo de heroína, resulta que lle aplicaron dous anos de condena a cada un deles. A David (Reboredo) aplicáronlle por cada unha das papelinas tres anos e medio. Isto é un gran problema lexislativo, do código penal, e que compre modificar sin duda algunha. Hai que obrigar a que a xustiza se faga moito máis equitativa.

-Para vostede, durante todos estes anos, ¿cal é o maior logro de Érguete?

Hoxe por hoxe, Érguete, tanto asociación como fundación, quizais é das organizacións e ONGs máis completas en programas. Temos 20 e tantos programas, xente moi profesionalizada, unha imaxe moi sólida. Damos un servizo moi amplio, tanto en familia, como en prevención, en asistencia  e realización. Polo tanto, despois de 30 anos peleando e loitando, sin duda síntome, tanto eu como todos os que participamos, moi orgullosa de conseguir un recurso e unha conciencia social importante no consumo de drogas. Read the rest of this entry