Daily Archives: 22 Abril, 2013
El debate de competición
Como casi todo en esta Nueva Orden Mundial, o globalización, como quieran llamarle, el debate de competición viene de Estados Unidos. En universidades como Harvard, esta disciplina forma parte de la rutina universitaria, como el fútbol americano a las juergas a lo American Pie. También algunos políticos de hoy se han nutrido de las artes del debate de competición y la oratoria.
Este ejercicio de comunicación va a cumplir casi una década de historia en Compostela. Aunque la actividad está dejando cada vez más el adjetivo “incipiente”, hay muchas universidades e institutos gallegos que ya se han interesado en el debate. Este consiste en la preparación exhaustiva de un tema por parte de dos equipos (de tres a cinco personas) que defenderán una postura conocida segundos antes de comenzar el debate. Por lo tanto, significa que ambos equipos han de estar preparados para defender posturas con las cuales puede que no se sientan identificados. La defensa de las posturas, apoyada en evidencias de prestigio, combina lenguaje verbal y no verbal, este último una las lacras del sistema educativo estatal. Clubes como CDC (Clube Debate Compostela) cuentan con expertos formadores y actividades asociadas al debate de competición, así como la participación en torneos interuniversitarios a nivel estatal.
Nespereira Vale, Mario S2D T5B
Necrolóxicas na radio: cambios nas necesidades
Verdade que xa non consumimos a mesma cantidade de información, nin do mesmo tipo que a xeración dos nosos avós? Igual que a nosa forma de vestir, as nosas demandas respecto dos artilugios tecnolóxicos ou os estudos que cursamos. As sociedades cambian, as persoas cambian segundo as influencias da súa contorna, e por conseguinte, muda a forma de consumir información.
A esta conclusión cheguei fai un tempo cando escoitaba en Radio Ourense as notas necrolóxicas: Una oración por el alma de Doña Marisa Sánchez Parada, fallecida ayer conforme a los santos sacramentos a los 82 años de edad en Catrocasas, municipio de Todorrectoamandereita. Este tipo de contidos radiofónicos, tan anacrónicos dende o noso punto de vista, todavía gardan algo de acollida entre a terceira idade, que reservan parte do seu tempo para facer eso que eu chamo turismo funerario.
Nós xa non escoltamos esta radio. Bueno, se me apuran, xa non escoitamos radio (salvo excepcións, falo en xeral). Cando nós sexamos octogenarios, os nosos netos moverán o dial co fin de non escoitar os 40Principales. E todo porque as súas necesidades mudaron, incluidas as de ocio, que tamén gardan estreita relación co mundo da comunicación e da sociedade da información.
Nespereira Vale, Mario S2D T5B
Quizás..quizás…quizás
No sabría muy bien que decir de la película In the mood for love, creo que para mi gusto no es la clase de película que me sentaría a ver un domingo por la tarde, pero también creo que va mucho más allá. Para mi fortuna o desgracia ya había visto esta película, por lo tanto el argumento lo tenía bastante claro. Aunque creo que si hay que pararse a analizar esta película va mucho más allá de unos simples personajes.
Ambos matrimonios se mudan a un mismo edificio, tanto la mujer del protagonista como el marido de la otra protagonista(cuyos nombres no recuerdo), se pasan los días de viaje. Ambos protagonistas al quedarse tanto tiempo solos empiezan a entablar una fuerte relación y es aquí en este punto de la película donde los dos protagonistas parecen asumir cuatro papeles el de víctimas y el de los infieles. Se recrea como pudo haber sido la infidelidad de sus parejas y mientras,se van acercando cada vez más.
Otra de las cosas que mee llamó la atención son los planos que se van mostrando. Una imagen que me llamó la atención fue cuando el protagonista estaba fumando en el trabajo y el humo ascendía lentamente mientras la cámara seguía su movimiento hasta que finalmente era enfocada la protagonista. La cámara seguía el movimiento del humo como si en realidad fueran uno solo.
Definitivamente esta película no me gustó nunca ni creo que me llegue a gustar, pero si que hay pequeños detalles que me llamaron la atención
Fiaño Real, Noemí S2E T4C
Erasmus: Focus group
Neste apartado, podedes ver a práctica que levou a cabo o S3F (Sara Rodríguez, Raquel Pérez, Silvia Troncoso e Ángel Vizoso), un Grupo de Discusión con estudantes de intercambio (dúas rapazas de Erasmus e un de Séneca) que comentaron as dificultades de acceder a unha comunidade totalmente nova nun país diferente.
Adxúntanse tanto a gravación da conversa como as conclusións ás que chegou este grupo.
Invidentes: Exposición
A invidencia no sistema universitario pode ser un tema áspero, sen interese nen contido, así o puidemos pensar nos primeiros pasos do nosos traballo. O resultado foi contradictorio con esta idea, e sinceramente abraiounos certas opinións que trastocaron a imaxe de sensibilidade e proteccionismo que nos podía rondar pola cabeza . Neste Power Point, explicamos dunha forma breve o proceso do traballo, dende o material legal ( lexislación) ata as opinións persoais dos protagonistas, que se quedan pequenas vistas na pantalla do ordenador, sen a presenza do cara a cara. As conclusións refrexadas representan a opinión unánime do grupo que pode sorprender a máis de algún.
Xeocomunicación: Entrevista + Experimento + Reseñas
No grupo S3C formado por Laura Placer Breijo, Alejandro Roura Blanco, Amara Santos Pérez e Eva Tuñas López, realizamos o noso proxecto sobre o comportamento do home no seu contorno, as características psicológicas que conducían a estas actuacións, a identidade na cidade, é dicir todo o que teña relación coa producción simbólica no entorno urbano. Para isto, ao longo do cuatrimestre cada un de nos foi publicando numerosos posts co intento de achegar unha explicación intelixible da relación entre a comunicación e a xeografía.
Para achegarnos nós un pouco máis ao tema, entrevistamos a varios profesores da facultade de Xeografía e Historia da USC, e tamén nun intento de achegarvos o tema, realizamos un experimento que se explica neste post.
Entrevista profesor Rubén Lois.
RESEÑA EL ESPIRITU DE LA CALLE.
RESEÑA EL HOMBRE Y EL ESPACIO.
RESEÑA EL TRANSEUNTE Y EL ESPACIO URBANO.
RESEÑA LA IMAGEN DE LA CIUDAD.
A miña experiencia como erasmus en Thessalonik
Ola, eu son Javier Millos e este cuadrimestre estou de Erasmus en Thessaloniki, no norte de Grecia. Conmigo veu outro rapaz galego, Lorenzo Chedas, e ámbolos dous vivíamos na mesma residencia e estudábamos o mesmo, así que fixemos o mesmo grupo de amigos. Vivíamos nunha residencia de estudantes Erasmus así que, por suposto, relacionámonos con xente de diferentes países, aínda que de cando en cando agradécese ir tomar un frapé ou saír con xente galega ou española.
Dificultades non tivemos ningunha máis que o papeleo do principio coa nosa coordinadora e xestor académico Erasmus en Santiago porque non é que fagan moito por axudarnos e moitas veces somos nós, os estudantes, os que temos que corrixir os seus erros. Por outra parte, na universidade de aquí, en Grecia, a xestión dos estudantes Erasmus é moito máis sinxela e amena. A nosa coordinadora é tamén a nosa profesora polo que déixanos liberdade absoluta para escoller as materias que máis nos interesen ou faltar cando queiramos, porque somos Erasmus, e temos que recordar que parte desta experiencia está en vivir e coñecer a cultura e o país no que vives durante estes meses. Non todo son libros.
Por outro lado, a oficina de relacións exteriores da universidade grega ás veces é un pouco desorganizada, pero si cometen algún erro non teñen problema ningún en admitilo e asumir as consecuencias, así que sentímonos máis “protexidos” ou respaldados por esta oficina que pola de Santiago.
En conclusión, recomendo absolutamente que os estudantes vivan esta experiencia, sobre todo os aspirantes a xornalistas, porque o estar en contacto con xente doutros países e doutras culturas permítenos acceder a novos puntos de vista, novas realidades e sobre todo entender o que está a pasar en España en relación con Europa.
Viaxes, novos amigos, total independencia, cultura, festa… so é a vida e experiencia Erasmus en Grecia.
Javier Millos (Erasmus)
Praza Pública: Os lectores son os xefes
A Fundación Praza Pública é a responsable do xornal Praza Pública. É unha fundación sen ánimo de lucro que ten por finalidade o fomento da información e o debate público como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e a lingua galega.
Se habitualmente os medios dependen dos seus lectores para manter a súa viabilidade económica, o caso de Praza é o exemplo dun modelo de financiamento relativamente innovador e efectivo que, non obstante, entrega todo o poder aos lectores. É certo que en Praza Pública hai publicidade, que aporta unha parte do orzamento do diario. Porén, trátase en cáseque todos os casos de cuestións institucionais (Universidades) ou de empresas involucradas coa defensa da lingua galega e da promoción da cultura propia do país (Xerais). Estas empresas representan, ademais dun aporte económico non demasiado elevado, un alegato a prol de Galiza dos máis firmes que se poden facer: a través dos cartos.
Cando dicimos que Praza está en mans da audiencia, é pola opción, dentro do acceso gratuíto aos contidos, de aportar diñeiro, tanto de modo eventual como periodicamente, con dereitos de diferente índole segundo a contía da aportación, como vemos no seguinte recorte de pantalla do sitio web.
Os cartos implican un compromiso forte co tecido mediático de Galiza, malia que en termos absolutos non signifique unha cantidade demasiado elevada de cartos. Aí está a cuestión. Mentres que noutros casos as decisións tómanas empresarios, afastados da realidade social e tamén da xestión real dunha empresa xornalística, en Praza Pública os xefes son lectores, que comparten a forma de entender a información do medio e queren que este se manteña, xogando para elo o seu propio capital.
T1A