A miña experiencia como erasmus en Thessalonik

Ola, eu son Javier Millos e este cuadrimestre estou de Erasmus en Thessaloniki, no norte de Grecia. Conmigo veu outro rapaz galego, Lorenzo Chedas, e ámbolos dous vivíamos na mesma residencia e estudábamos o mesmo, así que fixemos o mesmo grupo de amigos. Vivíamos nunha residencia de estudantes Erasmus así que, por suposto, relacionámonos con xente de diferentes países, aínda que de cando en cando agradécese ir tomar un frapé ou saír con xente galega ou española.

Dificultades non tivemos ningunha máis que o papeleo do principio coa nosa coordinadora e xestor académico Erasmus en Santiago porque non é que fagan moito por axudarnos e moitas veces somos nós, os estudantes, os que temos que corrixir os seus erros. Por outra parte, na universidade de aquí, en Grecia, a xestión dos estudantes Erasmus é moito máis sinxela e amena. A nosa coordinadora é tamén a nosa profesora polo que déixanos liberdade absoluta para escoller as materias que máis nos interesen ou faltar cando queiramos, porque somos Erasmus, e temos que recordar que parte desta experiencia está en vivir e coñecer a cultura e o país no que vives durante estes meses. Non todo son libros.

Por outro lado, a oficina de relacións exteriores da universidade grega ás veces é un pouco desorganizada, pero si cometen algún erro non teñen problema ningún en admitilo e asumir as consecuencias, así que sentímonos máis “protexidos” ou respaldados por esta oficina que pola de Santiago.

En conclusión, recomendo absolutamente que os estudantes vivan esta experiencia, sobre todo os aspirantes a xornalistas, porque o estar en contacto con xente doutros países e doutras culturas permítenos acceder a novos puntos de vista, novas realidades e sobre todo entender o que está a pasar en España en relación con Europa.

Viaxes, novos amigos, total independencia, cultura, festa… so é a vida e experiencia Erasmus en Grecia.

Javier Millos (Erasmus)

Posted on 22 Abril, 2013, in Documentos and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: