Necrolóxicas na radio: cambios nas necesidades
Verdade que xa non consumimos a mesma cantidade de información, nin do mesmo tipo que a xeración dos nosos avós? Igual que a nosa forma de vestir, as nosas demandas respecto dos artilugios tecnolóxicos ou os estudos que cursamos. As sociedades cambian, as persoas cambian segundo as influencias da súa contorna, e por conseguinte, muda a forma de consumir información.
A esta conclusión cheguei fai un tempo cando escoitaba en Radio Ourense as notas necrolóxicas: Una oración por el alma de Doña Marisa Sánchez Parada, fallecida ayer conforme a los santos sacramentos a los 82 años de edad en Catrocasas, municipio de Todorrectoamandereita. Este tipo de contidos radiofónicos, tan anacrónicos dende o noso punto de vista, todavía gardan algo de acollida entre a terceira idade, que reservan parte do seu tempo para facer eso que eu chamo turismo funerario.
Nós xa non escoltamos esta radio. Bueno, se me apuran, xa non escoitamos radio (salvo excepcións, falo en xeral). Cando nós sexamos octogenarios, os nosos netos moverán o dial co fin de non escoitar os 40Principales. E todo porque as súas necesidades mudaron, incluidas as de ocio, que tamén gardan estreita relación co mundo da comunicación e da sociedade da información.
Nespereira Vale, Mario S2D T5B
Posted on 22 Abril, 2013, in Documentos and tagged Nespereira Vale. Bookmark the permalink. 4 Comentarios.
Pero que esto ten moito público. Estamos diante dunha poboación envellecida (envilecida, tamén) e cando vostedes cheguen a vellos farán como o marqués de La Escopeta Nacional (1978) de García Berlanga: repasarán as páxinas do ABC (incólume ante o paso do tempo) e dirán: mira, mira, todos estos eran amigos míos (en español, por suposto por que xa non existirá a nosa cultura).
Saúde.
Totalmente dacordo. Partimos da base de que se non teñen público, este tipo de contidos non existirían.
Cando un se fai vello empeza a ver próxima a súa hora, e comeza a interesarse máis pola morte dos que o rodean, que van caendo un a un. Nós xa imos perdendo esas costumes de pararnos a ler as esquelas que colgan polos barrios, de sair ao balcón para preguntarlle ao veciño se sabe por quen están a abrir señal as campás da igrexa, ou de ir ata o velatorio aínda que só sexa para ver que traxe lle puxeron ao defunto. Pero supoño que cando nos fagamos vellos nos empezaremos a interesar máis pola morte. Probablemente non pase como di Marcelo referíndose a La escopeta nacional, non nos vexo consultando as páxinas do ABC, pero seguramente nos informemos a través de internet, lendo o que poñen os nosos contactos de facebook ou comprobando a quen lle adican un #DEP en twitter.
Victoria Amoedo T1B S1B
Está claro que dalgún xeito teremos que informármonos, porque doutro xeito, a sociedade converterase en algo totalmente impersonal sen ningunha capcacidade de establecer vínculos coa comunidade.