Praza Pública: Os lectores son os xefes
A Fundación Praza Pública é a responsable do xornal Praza Pública. É unha fundación sen ánimo de lucro que ten por finalidade o fomento da información e o debate público como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e a lingua galega.
Se habitualmente os medios dependen dos seus lectores para manter a súa viabilidade económica, o caso de Praza é o exemplo dun modelo de financiamento relativamente innovador e efectivo que, non obstante, entrega todo o poder aos lectores. É certo que en Praza Pública hai publicidade, que aporta unha parte do orzamento do diario. Porén, trátase en cáseque todos os casos de cuestións institucionais (Universidades) ou de empresas involucradas coa defensa da lingua galega e da promoción da cultura propia do país (Xerais). Estas empresas representan, ademais dun aporte económico non demasiado elevado, un alegato a prol de Galiza dos máis firmes que se poden facer: a través dos cartos.
Cando dicimos que Praza está en mans da audiencia, é pola opción, dentro do acceso gratuíto aos contidos, de aportar diñeiro, tanto de modo eventual como periodicamente, con dereitos de diferente índole segundo a contía da aportación, como vemos no seguinte recorte de pantalla do sitio web.
Os cartos implican un compromiso forte co tecido mediático de Galiza, malia que en termos absolutos non signifique unha cantidade demasiado elevada de cartos. Aí está a cuestión. Mentres que noutros casos as decisións tómanas empresarios, afastados da realidade social e tamén da xestión real dunha empresa xornalística, en Praza Pública os xefes son lectores, que comparten a forma de entender a información do medio e queren que este se manteña, xogando para elo o seu propio capital.
T1A
Posted on 22 Abril, 2013, in Documentos and tagged Aguado Taboada, Alonso Cabaleiro, Alonso Filgueira, Álvarez Vales. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Conmovedor.