Daily Archives: 24 Abril, 2013
Down Compostela: fotogalería
Durante as nosas visitas á Fundación Down Compostela o grupo T1B fómonos facendo con algunhas imaxes dos rapaces, que poden servir para ilustrar un puco o que alí fan.
T1B
SEPIU: Vídeos
Presentámosvos os vídeos de promoción que fixemos para o Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC. Temos que agradecervos a todos os compañeiros que participáchedes neles a vosa colaboración, e tamén a Julia e a Violeta, as dúas voluntarias que moi amablemente charlaron diantes das nosas cámaras sobre a súa experiencia.
T8A.
Volta do Castro: Manuel Tarrío nos cuenta
Manuel Tarrío es uno de los residentes con los que el grupo T1C está trabajando en la residencia Volta do Castro, situada en el barrio de Santa Marta, en Santiago de Compostela. Este santiagués, autodefinido como el último “trobador” de Conxo, es uno de los más independientes de los residentes con los que trabaja este grupo, y tiene mucho que contarnos.
“Eu son un home de Conxo, sin título nin carreira, que fala e canta co corazón, eu non sei doutra maneira.
Que é Conxo? Conxo é terra de trouveiros xa nos tempos medievales. Existíu un trovador e, porque lle deu a gana, dou-lle o seu nome ao lugar. Que son vello ben o sei, e de selo non me enollo se non fora polos callos… porque eu teño callos. Deixou de ser concello no ano que eu nacín, no ano 1925. Fun medrando ano tras ano, eu non sei por que razón eu medrara tanto pero o meu barrio non. […]
Cando eu empecei a andar polos camiños de Conxo, empecei de moi meniño, empecei moi despaciño; logo funme dando conta de que Conxo era moi pequeniño, pois non chegaba máis que desde o Camiño Novo, hoxe Plaza de Vigo, ata o lugar do pobo. […]
Non queda. Non queda máis que quitarlle a esta terra. O que si non lle quitaron, porque deso tiña moito, foi esta contribución, que remata este trouviño cunha bonita canción: Tiven un amor en Conxo. Cando quero ir a velo, como non teño coche, lévame o ferreocarril. […]
Eu era mal bailador, mais gustábame cantar de regreso no camino, tamén gustábame moito poder roubar un biquiño, aunque fora consentido no recodo do camino. O biquiño consentido é un biquiño sinxelo que sale do corazón, sempre foi cousa de dous. Eu, dinlle un bico a aquela moza e ela a min. Ela regaloume dous! Non teño malos recordos nin vin máis a aquela moza! Eu quedeime por aquí, aquela era unha boa moza… e ademáis cantaba moi ben. Era lista como un águila! O que eu non pude saber, e ainda non o sei hoxe, é se era de Chaves da Ponte ou de Chaves de Carballo. […]
Desde o monte do Cotón, que é ese monte que está ahí que fae separación con Ames, cántalle Conxo á Bahía, cantares que son historias como o trovador dicía. Cantares de Fuliada cantados con alegría, como Tarrío dicía. Ou cantares con tristura que xa cantou noutros tempos e inmortalos sabía. […]
O día das Letras Galegas fun visitar Bastabales , recordando aqueles tempos de cando éramos chavales e levei unha alegría… e levei unha alegría cando estaba ahí, na leira, oindo tocar as campanas, as campanas de Bastabales, tocadas polo meu amigo Ramón, un canto de muliñeiro que tengo leído últimamente no día das Letras Galegas”
M.T.S. de Vidal, último trovador do Conxo.