ITÍNERA I: ÍTACA
Finalmente, imos camiñando decididos pola recta final do proxecto. O noso obxectivo principal -a creación dun testimonio audiovisual- está xa case rematado, a falta duns pequenos retoques na edición. Pronto poderedes velo.
Hai que dicir que traballar nisto non foi sempre fácil. Para comezar, caímos na conta -como parvos- de que gravar a doentes non ía ser coller a cámara e xa. A maioría eran reticentes a identificarse en público como persoas afectadas por algún trastorno mental. Para os restantes -internos no hospital psiquiátrico, por exemplo- precisabamos un permiso especial.
Por suposto, solicitámolo no gabinete de comunicación correspondente e… aínda hoxe continuamos a agardar unha resposta.
Porén, isto non nos desanimou. Logo dunha enriquecedora experiencia nun Curso de Formación para o Voluntariado en Saúde Mental (organizado por Itínera), mudamos levemente o foco do traballo. Crimos que resultaba moito máis operativo e interesante enfocar o audiovisual cara a propia rede que sostén ás persoas usuarias de Itínera.
A cousa non saíu mal de todo. Gravamos as declaracións de Luis Vázquez -psiquiatra do antigo psiquiátrico “Los Abetos”-, Maika Viz -traballadora social do hospital psiquiátrico de Conxo-, Carlos Martínez -psicólogo e coordinador de Itínera-, Esperanza Sánchez -enfermeira na unidade de Coidados Continuos do hospital psiquiátrico de Conxo-, etc.
En contra do que poida parecer, non deixamos de lado o inmenso labor do voluntariado na rehabilitación social dos doentes. Gravamos tamén as actividades desenvoltas por Itínera e aos propios voluntarios. Sen a súa labor e experiencia nada do temos feito gardaría sentido.
Pretendemos, pois, que isto sirva como pequeno resumo do traballo realizado. Resulta obvio que é imposible recoller neste curto número de caracteres todo o que sacamos de vivir esta experiencia. Seguramente a propia peza audiovisual se quede escasa. Aínda así, esperamos que vos sirva para atisbar unha pequena esencia do que significou para cada un de nós ver, ,vivir, sentir nas nosas propias carnes, esta denostada, marxinada, esquencida realidade.
T7A
Posted on 26 Abril, 2013, in Documentos and tagged Ramos Cuba, Rodríguez Álvarez, Rodríguez Pazos, Salgado Rey. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Alégrome de que a vosa vontade de cumprir cos obxectivos previstos non se torcese por culpa dos encargados da asociación. O material audivisual, sempre atractivo para a maioría, é unha boa forma de amosar a realidade e o traballo tan meritorio desta agrupación. Como a viaxe a ÍTACA, supoño que o camiño estaría cheo de obstáculos e desafíos, pero seguro que o destino foi tal e como previñestes nun principio. Paga a pena facelo.
Es muy interesante observar como los planes iniciales tienen que ser sustituidos por otros. La experiencia de tener un rumbo trazado y romper con él, obliga a que seamos más imaginativos y abiertos. “El timón se ha roto, más nos vale mover ésto con las manos o nos vamos a la deriva”. Supongo que las mayores dificultades serían la comunicación, no solo con los usuarios, sino dentro del propio grupo. Una redirección del esfuerzo exige una transmisión de opiniones muy importante, especialmente porque no siempre estamos de acuerdo. Espero ansioso ver la pieza audiovisual que estáis preparando.