Punto… e seguido
Na pantalla, os créditos do filme Torre Bela. Acenden as luces, erguémonos, apertas e palabras de afecto. A experiencia no Cineclube chega ao seu fin. Teñen pasado tres meses dende a primeira vez que baixamos ao soto do Pichel ou, con maior precisión, dende ese primeiro contacto con Cris, Lara, Moncho e os demais, na cafetería 13. Unha reunión na que non sabíamos moi ben como actuar, que dicir, como intervir. E hoxe, tres meses máis tarde, non podemos senón sentirnos inmensamente afortunadas de ter traballado con eles, aínda que nos imos cun regusto amargo, pensando que, tal vez, o noso contacto coa organización non foi tan estreito como nos gustaría que fose tido. Mais é xustamente este pensamento o que nos empurra a continuar, a manter a nosa relación co Cineclube dunha forma ou doutra. En primeiro lugar, asistindo cando poidamos ás proxeccións, sendo conscentes de que probábelmente non poidamos facelo coa mesma asiduidade. Doutra banda, ofrecímonos a seguir levando adiante o Facebook e, así, seguir aportando o noso gran de area. Para o Cineclube e as persoas que están detrás, só podemos ter palabras de agradecemento, polo enriquecemento que supuxo esta experiencia, polo trato que recibimos e por ofrecernos un recuncho onde o que prima é o amor ao cine.
T6A
Posted on 26 Abril, 2013, in Documentos and tagged Padín González, Pérez Vazquez, Quintás Rocha, Quiroga Trasorras. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0