XOSÉ MANUEL PEREIRO ABRE A “FALSA” TUMBA DO APÓSTOLO SANTIAGO

Image

Algunhas teorías propoñen que é Prisciliano quen fica enterrado en Santiago de Compostela, outras din que nos Mártires en Pontevedra e ata que podería estar en Santa Eulalia de Bóveda. Cales son os argumentos que sosteñen que é Prisciliano de Ávila e non Santiago apóstolo quen descansa na capital de Galicia?

Sería moito máis lóxico que se desenvolvera un culto arredor do enterramento dun líder relixioso coñecido, sobre todo dun líder relixioso ao que non se podía seguir publicamente, como Prisciliano, que sen dúbida foi enterrado ou nos Martores ou noutro sitio da entón Gallaecia. A Igrexa Católica foi especialista nese tipo de reciclaxes. O solsticio de inverno converteuno no Nadal, ergueu ermidas nos castros, cruceiros nos camiños…

Por que é tan forte a oposición da Igrexa á hora de facer a proba do carbono 14? Se cadra é que temen que estea enterrado este revolucionario do Cristianismo? Son santos herexes os que teñen máis sona, e os herexes, santos fracasados, como opina Sánchez Dragó? 

Cando a Igrexa se someteu a este tipo de probas saíu trasquiada. É normal, na Idade Media houbo tal tráfico de reliquias que se podían ter construído sete ou oito cruces cos restos conservados atribuídos á santa cruz. Se hoxe se falsifican cousas, cos controis que hai, imaxinemos daquela, no que o único que importaba era a fe. Á mais que improbable historia de que os discípulos de Santiago se lles ocorrera trasladar o cadáver desde Palestina ata aquí, onde non se lle perdera nada, nas condicións de transporte e conservación da época, hai que engadir que o corpo “santo” se agachou dos protestantes no século XVII (cito de memoria) e que logo tardou en atoparse ducias de anos -e a ver o que se atopou, pois aí pode estar calquera cousa, de calquera época.

Que realmente estea alí o corpo de Santiago o maior é unha cuestión de fe, e a fe non se somete ao carbono 14 nin ás probas de ADN, porque daquela pasa a ser ciencia, e non é opcional crer.

S1F

Posted on 26 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: