COGAMI: Presentación

O seguinte vídeo trátase dunha careta de presentación de COGAMI que elaboramos o grupo T4A como traballo de ProT. A asociación pedíunos que mostrásemos as diferentes facetas da confederación, tanto profesionais como educativas e de labor social (A día de hoxe, a confederación conta xa con 53 asociacións/delegacións en toda Galicia e está constituída de forma directa por 17 entidades). Intentamos recopilar imaxes de todos esos ámbitos para ofrecer unha visión xeral.

T4A

Posted on 27 Abril, 2013, in Canal BCP and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion3

    Moi bo traballo rapaces. A verdade é que como vídeo publicitario cumpre con todas as expectativas que vos propuxestes, de seguro que a asociación quedou encantada con vós. En canto aos aspectos técnicos, o único a mellorar sería o son, xa que nalgúns planos e entrevistas perde algo de calidade e resulta difícil entender o que nos contan. Moi ben escollidas as entrevistas, os lugares e case todos os planos. De todos xeitos, é unha pena que dende COGAMI vos pedisen un trabalo destas características e extensión, tería sido moi interesante realizar unha reportaxe con algo máis de profundidade (ademais, seguro que tiñades material dabondo). Xa para rematar, gustaríame facervos unha pregunta, ¿sentístesvos coartados á hora de realizar esta peza? Quero dicir, ¿impuxéronvos os aspectos a gravar ou tivestes total liberdade de elección? Sexa como sexa, noraboa.

    Silva Vilas, Jesús S3D T8B

  2. Lucía García Botana (coordinadora)

    A verdade e que desde a asociación ofrecéronos liberdade total. Estivemos falando un día con María Acuña e Cristina Pet sobre os valores que a entidade quería trasmitir e facendo diversas propostas. Despois, elas simplemente concertábamos as citas e nós grabábamos o que queríamos. Estivo moi ben traballar con tanta liberdade, pero sempre tiñamos en mente que o vídeo era para COGAMi, non para nós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: