A Comunidade

Podemos definir os filmes como  unha espiral de relación entre os entes dunha comunidade, sen deixar atrás a comunicación existente entre os protoganistas principais (no caso de “the following” e “a mood for love”·)

Ben, argallando máis, penso que “the following” desmárcase do contido das outras dúas langometraxes. O filme de Nolan resalta a manipulación entre varios entes, o poder da comunicación, da concepción psicolóxica sobre o débil para convencer cun fin. A diferencia cas outras non inflúe a culturalidade da comunidade que os rodea, “In a mood for love” si que mostra a paisaxe cultural na convivencia, independentemente da comunicación entre os protagonistas, as súas accións móvense polo secretismo debido a intromisión cultural (¿de onde ven?, ¿Qué fixo hoxe?, ¿onde está o seu marido?…), na relación entre as personaxes existe o finximento, a teatralidade para alcanzar o inalcanzable. “Xente de Roma” e o perfecto escenario onde flue a cultura e a comunicación dunha comunidade, neste caso, na cidade de Roma. Situacións que posiblemente estamos a feitos a ver no día a día, a comunicación coa familia( pai e fillo, muller que engana a súa parella), ante o descoñecido ( conversación no autobús), a opinión ante as novas realidades ( a emigración, escea do bar), e incluso a comunicación cun mesmo ante novas situacións (alzeimer, a morte no cemiterio…). Os tres filmes son un paralelismo que se retroalimenta, iguais pero á vez diferentes.

 

Tomé Piñeiro, Abel T8B S3G

Posted on 1 Maio, 2013, in Documentos and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: